Aleksandar Vučić
Aleksandar Vučić (cirílico serbio:Александар Вучић, pronunciado [aleksǎːndar ʋǔt͡ʃel͡ɕ]), nado en Belgrado o 5 de marzo de 1970, é un político serbio, primeiro ministro do seu país desde o 27 de abri de 2014[1] e presidente do Partido Progresista Serbio.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en dereito. Entrou en política como militante do Partido Radical Serbio co que logrou un escano na Asemblea Nacional en 1993. Dous anos despois o PRS elixiuno o seu secretario xeral. Vučić serviu como ministro de información desde 1998 a 2000. En 2004 concorreu ás eleccións municipais en Belgrado, logrando o 29% dos votos na primeira volta e o 48% na segunda, sen lograr a alcaldía. En 2008 durante unha crise interna do seu partido entre os partidarios dun entendemento coa Unión Europea e os sectores máis nacionalistas abandonou brevemente a política e aos poucos meses ingresou no Partido Progresista Serbio, formado polos disidentes proeuropeos do PRS e que quedou en primeiro lugar nas eleccións de 2012. Foi ministro de defensa entre 2012 a 2013, e viceprimeiro ministro primeiro de 2012 a 2014.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Asemblea Nacional de Serbia (ed.). "Detalji o narodnom poslaniku: Vučić, Aleksandar" (en serbio).