Air New Zealand
Air New Zealand | ||
---|---|---|
IATA NZ | OACI ANZ | Indicativo NEW ZEALAND |
Fundación | 1939/1940 | |
Inicio das operacións | 1965 | |
Plan de voo frecuente | Airpoints | |
Alianza | Star Alliance | |
Subsidiarias | Air New Zealand Link | |
Frota | 48 (sen subsidiarias) | |
Páxina web: http://www.airnewzealand.com/ |
Air New Zealand Limited é a aeroliña nacional de Nova Zelandia. Ten a súa base en Auckland e realiza voos cara a 27 destinos domésticos e 29 internacionais en 15 países de Asia, Europa, Oceanía e Norteamérica. Foi a única aeroliña que daba a volta ao mundo[1]. Air New Zealand é membro da alianza de aeroliñas Star Alliance dende o ano 1999.
As rutas de Air New Zealand céntranse en Australasia e o Pacífico Sur, con servizos de longa distancia cara Asia, Europa e Norteamérica. O principal centro de operacións da aeroliña está no aeroporto de Auckland e a súa sede sitúase nun edificio chamado "The Hub", a 20 km do aeroporto.
Air New Zealand orixinouse en 1940 como Tasman Empire Airways Limited (TEAL), unha compañía de hidroavións que realizaba voos entre Nova Zelandia e Australia. TEAL pasou a ser propiedade do goberno neozelandés en 1965 e pasou a chamarse Air New Zealand. No ano 1989 gran parte da compañía foi privatizada, pero a maioría volvería ser adquirida polo goberno en 2001.
A aeroliña ten unha frota de longa distancia composta por Boeing 747, Boeing 767, Boeing 777 e Airbus A320 para rutas internacionais. A compañía tamén usa unha frota de Airbus A320 e Boeing 737 para operacións de curta distancia. As subsidiarias rexionais de Air New Zealand, Air Nelson, Eagle Airways e Mount Cook Airline realizan servizos domésticos dentro do país.
Frota
[editar | editar a fonte]Actual
[editar | editar a fonte]En febreiro de 2020 a frota de Air New Zealand estaba formada polos seguintes avións:[2]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
B | P | S | E | Total | ||||
Airbus A320-200 | 23 | — | — | — | — | 168 | 168 | Configuración internacional[3] |
171 | 171 | Configuración doméstica[4] | ||||||
Airbus A320neo | 4 | 2 | — | — | — | 165 | 165 | Substitúen aos A320-200 máis vellos. Seguintes entregas a partir de 2021.[5][6][7][8] |
Airbus A321neo | 7 | 7[9] | — | — | — | 214 | 214 | |
ATR 72-600 | 25 | 2 | — | — | — | 68 | 68 | Proceden de Mount Cook Airline |
Boeing 777-200ER | 8 | — | 26 | 40 | 54 | 192 | 312 | Serán substituídos por Boeing 787-10[10][11] |
Boeing 777-300ER | 8 | — | 44 | 54 | 60 | 184 | 342 | |
Boeing 787-9 | 14[12] | — | 27 | 33 | 39 | 176 | 275 | |
18 | 21 | 42 | 221 | 302 | ||||
Boeing 787-10 | — | 8[13] | TBA | Entregas a partir de 2022.[13] Substituirán aos Boeing 777-200ER. | ||||
Bombardier Q300 | 23 | — | — | — | — | 50 | 50 | Proceden de Air Nelson |
Total | 114 | 19 |
Histórica
[editar | editar a fonte]Avión | Introducido | Retirado | Substituto | Notas |
---|---|---|---|---|
ATR 72-500 | 1999 | 2020 | ATR 72-600 | Todos tomados de Mount Cook Airline |
Boeing 737-200 | 1968 | 2001 | Boeing 737-300 | Algúns foron tomados de NAC |
Boeing 737-300 | 1998 | 2015 | Airbus A320-200 | |
Boeing 747-200B | 1981 | 2000 | Boeing 747-400 | |
Boeing 747-400 | 1990 | 2014 | Boeing 777-300ER | Todos desguazados agás un, operado por Wamos Air como EC-MDS |
Boeing 767-200ER | 1985 | 2005 | Boeing 767-300ER Airbus A320-200 |
|
Boeing 767-300ER | 1991 | 2017 | Boeing 787-9 | |
British Aerospace BAe 146-200 | 2001 | 2002 | Boeing 737-300 | Tomados de Ansett New Zealand |
British Aerospace BAe 146-300 | ||||
Douglas DC-8-52 | 1965 | 1981 | McDonnell Douglas DC-10-30 | Un continuou operando tras sen convertido en cargueiro DC-8F-54. |
Douglas DC-8F-54 | 1981 | 1989 | Ningún | Convertido dun DC-8-52 de pasaxeiros |
Fokker F27-100 Friendship | 1960 | 1980 | Fokker F27-500 Friendship | Tomados de NAC. |
Fokker F27-500 Friendship | 1975 | 1990 | Boeing 737-300 | Algúns tomados de NAC |
Lockheed L-188 Electra | 1959 | 1972 | Douglas DC-8-52 | Tomados de TEAL |
McDonnell Douglas DC-10-30 | 1973 | 1982 | Boeing 747-200B |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Why fly Air New Zealand round the world? (en inglés)
- ↑ "Operating fleet". Air New Zealand. Consultado o 2020-12-19.
- ↑ "Airbus A320 (International)". Air New Zealand. Consultado o 19 de decembro de 2020.
- ↑ "Airbus A320 (NZ Domestic)". Air New Zealand. Consultado o 19 de decembro de 2020.
- ↑ "Air NZ buys planes worth $1.6b". NZ Herald (en inglés). Consultado o 2020-12-19.
- ↑ "Air New Zealand to go shopping for new ultra-long range planes". NZ Herald (en inglés). Consultado o 2020-12-19.
- ↑ "Air NZ commits to taking seven more A321neos". Flight Global. 24 de agosto de 2018. Consultado o 19 de decembro de 2020.
- ↑ "Air New Zealand to defer Airbus A320neo family aircraft deliveries". Australian Aviation (en inglés). 2019-03-28. Consultado o 19 de decembro de 2020.
- ↑ Hilsz-Lothian, Aaron (2018-11-05). "Air New Zealand takes delivery of their first Airbus A321neo". SamChui.com (en inglés). Consultado o 2020-12-19.
- ↑ "Air New Zealand orders eight Boeing 787 jets for long-haul flights". finance.yahoo.com (en inglés). Consultado o 19 de decembro de 2020.
- ↑ "Air New Zealand orders 8 Boeing Dreamliners with GE engines". finance.yahoo.com (en inglés). Consultado o 19 de decembro de 2020.
- ↑ Mrcaviation (2019-10-28). "3rd Level New Zealand: Air New Zealand Boeing 787-9 ZK-NZR delivered and enters service". 3rd Level New Zealand. Consultado o 19 de decembro de 2020.
- ↑ 13,0 13,1 "Air New Zealand announces multi-billion-dollar investment in new fuel-efficient Boeing 787-10 Dreamliners - Media releases | Air New Zealand". www.airnewzealand.co.nz. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2019. Consultado o 19 de decembro de 2020.
|urlarquivo=
e|url-arquivo=
redundantes (Axuda);|dataarquivo=
e|data-arquivo=
redundantes (Axuda)
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Air New Zealand |