Adarga
Aparencia
Adarga | |
---|---|
[ editar datos en Wikidata ] | |
Unha adarga é un escudo feito de coiro e de forma ovalada e posteriormente con forma de corazón.
Usos
[editar | editar a fonte]Usado orixinalmente pola cabalaría musulmá de Al-Andalus, co nome de ad-dargha, traído do norte de África (en Fez estaba o principal centro de produción). Extremadamente resistente á espada e á lanza. Nos séculos XIV e XV a adarga foi utilizada pola infantaría e cabalaría cristiá ata que no século XVI se fixo xeral o uso de armas de fogo. Aínda seguiu en uso ata o século XVII en combates de cabalaría entre a nobreza peninsular e usárona cando menos ata finais do século XVIII determinados corpos especializados, como a tropa dos presidios españois en Nova España[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Alfredo Jiménez Núñez El Gran Norte de México: una frontera imperial en la Nueva España (1540-1820). Editorial Tebar, 2006, páxina 287
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adarga |