Saltar ao contido

Acusación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lectura solemne das acusacións dos Xuízos de Núremberg (Berlín, 1945)

A acusación é o cargo que se formula diante a autoridade xudicial contra unha persoa ou persoas físicas ou xurídicas por consideralas responsables dun delito ou falta, co obxecto de que se lle aplique a sanción prevista na lei.

Na xurisdición penal, a acusación se formaliza mediante un escrito no que se fixan tanto as condutas infractoras como as persoas que se reputan responsables e a sanción que se propón. Pertence a unha fase avanzada do proceso, logo da instrución da causa.

Asemade, tamén se aplica este termo á parte personada nun litixio que previamente formulou ese cargo ou que se incorpora ao proceso en calidade de prexudicado.

Nesta acepción, cabe distinguir:

  • Acusación pública: exercida polo Ministerio Fiscal
  • Acusación privada: a exercida pola parte prexudicada pola infracción

A acusación é requisito para unha eventual condena. O xuíz non pode condenar se non existe unha acusación, de aí que, se non se dirixe acusación contra o inicialmente denunciado, ou se as partes acusadoras a retiran en calquera fase do procedemento, procede o sobresemento da causa ou, en todo caso, unha sentenza absolutoria

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]