A Pena, Cenlle
A Pena | |
---|---|
Igrexa de San Lourenzo da Pena. | |
![]() | |
Concello | Cenlle[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°20′41″N 8°06′30″O / 42.344777777778, -8.1082777777778 |
Poboación | 119 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Lourenzo da Pena é unha parroquia do concello de Cenlle, provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2013 tiña 119 habitantes (64 mulleres e 55 homes), 73 menos ca en 1999.
Limita coas parroquias de Esposende ao sur, a de Cenlle ao leste, as de Osmo e San Clodio ao norte e a de Bieite ao oeste. A igrexa de San Lourenzo está situada a medio camiño entre as aldeas da parroquia con estradas cara a Lentille, onde está a Casa Grande de Lentille, Roucos e Cuñas, onde está situado o santuario na honra de San Bieito. O curado é de entrada e ten por anexo o de Esposende.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Houbo nesta freguesía un castelo do Conde de Ribadavia.
A Casa Grande de Lentille é un pazo situado no lugar de Lentille.
Hai tres cruceiros na parroquia: un xusto ao lado da parroquia, outro na estrada de Lentille e outro en Cuñas.
O Santuario de San Bieito de Cuñas.
A casa reitoral de San Lorenzo, tamén de fábrica románica, atópase en ruínas.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]
Lugares da Pena
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia da Pena no concello de Cenlle | |
---|---|
Cacabelos | O Coedo | Cuñas | Lentille | Pazos Ermos | Roucos | San Lourenzo |
Parroquias de Cenlle
[editar | editar a fonte]Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Santuario de San Bieito.