ASUSAT
ASUSat (Arizona State University SATellite) | |
---|---|
Tipo | Demostrador tecnolóxico |
Organización | Universidade do Estado de Arizona |
Satélite de | Terra |
Data de lanzamento | 27 de xaneiro de 2000[1][2][3] |
Foguete portador | Minotaur 1[2][4] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2][5] |
Obxectivo da misión | Demostración de novas tecnoloxías no espazo[2][5] |
NSSDC ID | 2000-004E |
Masa | 6 kg[4][5] |
ASUSat, acrónimo de Arizona State University SATellite, é un satélite artificial da Universidade do Estado de Arizona lanzado o 27 de xaneiro de 2000 mediante un foguete Minotaur 1 desde a base Vandenberg da Forza Aérea.[2][4][5]
Características
[editar | editar a fonte]ASUSat é un microsatélite de 6 kg de masa deseñado, probado, fabricado e manexado por estudantes da Universidade do Estado de Arizona coa misión de probar distintas tecnoloxías no espazo, entre elas a obtención de imaxes a baixo custo da superficie terrestre, a experimentación con modelos de materiais compostos, a demostración da utilidade de sistemas de a bordo de baixo custo e o uso dun transpondedor para radio afeccionado.[4]
Tras un lanzamento exitoso o primeiro sinal do satélite foi recibido 50 minutos trala posta en órbita por radioafeccionados surafricanos. A última vez que se escoitou o transmisor do satélite foi 14 horas tralo comezo da misión, recibíndose un sinal que indicaba un problema no sistema de enerxía.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ASUSAT" (en inglés). Consultado o 10 de abril de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 NASA (4 de novembro de 2011). "ASUSat" (en inglés). Consultado o 10 de abril de 2012.
- ↑ "Note verbale dated 2 November 2000 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (01-80466). 25 de xaneiro de 2001: 3. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de abril de 2015. Consultado o 10 de abril de 2012.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ASUSat (AO 37, Oscar 37)" (en inglés). Consultado o 10 de abril de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Mark Wade (2011). "ASUSAT" (en inglés). Consultado o 10 de abril de 2012.