3M
3M Company | |
---|---|
Tipo | Pública |
Fundación | 1902 Two Harbors, Minnesota, Estados Unidos |
Localización | St. Paul (Maplewood), Minnesota, Estados Unidos |
Fundador | Dr. Danley Budd Henry Bryan Hermon Cable John Dwan William McGonagle |
Persoas clave | Inge G. Thulin (presidente) |
Industria | Química |
Produtos | Produtos químicos Material de limpeza Material de oficina Sinalización de tráfico Fármacos |
Número de empregados | 84 198 (decembro de 2011) |
Na rede | |
https://www.3m.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
3M Company (Minnesota Mining and Manufacturing Company) é unha empresa química estadounidense adicada á investigación, desenvolvemento, fabricación, distribución e comercialización de tecnoloxías, produtos e servizos innovadores en diversas áreas.
3M ten filiais en máis de 200 países. 3M vende recoñecidas marcas como scotch ®, post-it ®, Scotchgard ®, Nexcare ® e Thinsulate ®.
Historia
[editar | editar a fonte]A empresa foi fundada por cinco homes de negocios en Two Harbors, Minnesota en 1902. Nos seus inicios era un proxecto mineiro, co fin de extraer corindón, pero non tiveron éxito xa que a mina era de anortosita, sen valor comercial. O cofundador John Dwan solicitou fondos a cambio de accións e Ober Edgar e Lucius Ordway fixéronse cargo da compañía en 1905. A empresa trasladouse a Duluth e comezou a investigación e produción de produtos de papel de lixa, o seu primeiro produto. A compañía comezou a extracción de pedra das canteiras para o seu uso nas pedras de moer. Traballando na calidade e a comercialización dos seus produtos, a xestión de apoio aos seus traballadores para innovar e desenvolver novos produtos converteuse na súa actividade principal. Doce anos despois da súa fundación, 3M desenvolveu o seu primeiro produto exclusivo: a tea Three-M-ite. Outras innovacións neste tempo incluíron cinta adhesiva, papel de lixa resistente á auga e cintas de marca Scotch. En 1929, 3M fixo os seus primeiros movementos para a expansión internacional mediante a formación de Durex para facer negocios en Europa.