Saltar ao contido

.ni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
.ni
Tipodominio de nivel superior xeográfico
Data de fundación1989
PaísNicaragua
Na rede
https://www.nic.ni/
editar datos en Wikidata ]

.ni é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Nicaragua, administrado pola Universidade Nacional de Enxeñería dende a súa introdución en 1989. O dominio .ni foi o quinto ccTLD delegado en Latinoamérica. Antes houbo Arxentina (1987) (.ar), Chile (1988) (.cl), e nese mesmo ano 1989 México (.mx) e o Brasil (.br).

Dominios de segundo nivel

[editar | editar a fonte]

Tódolos rexistros son de terceiro nivel, baixo os seguintes subdominios:

.com.ni: Entidades Comerciais.

.gob.ni: Ministerios e Entidades do Goberno.

.edu.ni: Entidades e Organismos Educativos.

.org.ni: Entidades e Dependencias non Gobernamentais.

.nom.ni: Dominios Persoais.

.net.ni: Entidades de Redes de Organizacións.

.mil.ni: Entidades Militares.

.co.ni: Empresas Comerciais de calquera parte do mundo.

.biz.ni: Empresas Comerciais que o soliciten.

.web.ni: Empresas Comerciais que o soliciten

.int.ni: Organizacións con tratados internacionais.

.ac.ni: Entidades do sector académico.

.in.ni: Dominios .in

.info.ni: Sitios Informativos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]