Saltar ao contido

Óxido de aluminio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Óxido de aluminio

A alumina[1] ou óxido de aluminio é unha substancia obtida da bauxita e utilizada principalmente para a obtención de aluminio, aínda que polo seu carácter abrasivo úsase tamén para puír.

Obtención

[editar | editar a fonte]

A alumina é o compoñente principal da bauxita, o principal mineral de aluminio. Os maiores fabricantes de alumina son Alcoa, Alcan e Rusal. A bauxita está constituída por Al2O3, Fe2O3, e SiO2. Estes compostos purifícanse no proceso Bayer:

Al2O3 + 3H2O + 2NaOH + calor → 2NaAl(OH)4

O Fe2O3 non é solúbel. O SiO2 disólvese como silicato Si(OH)62-. Após filtrado, o Fe2O3 retírase. Cando o líquido de Bayer arrefría, o Al(OH)3 precipita. O silicato continúa disolto. Entón:

2Al(OH)3 + calor → Al2O3 + 3H2O

O Al2O3 obtido é a alumina.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Accidente da fábrica de alúmina de Ajka

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2022-08-14.