Saltar ao contido

Éowyn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Éowyn

Tipopersonaxe do universo de Tolkien e personaxe cinematográfico de fantasía Editar o valor en Wikidata
Obra
Universo ficticiolegendarium de Tolkien Editar o valor en Wikidata
Creador/aJ. R. R. Tolkien Editar o valor en Wikidata
Interpretado porMiranda Otto Editar o valor en Wikidata
Biografía
Data de nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoRohirrim Editar o valor en Wikidata
Sexomuller Editar o valor en Wikidata
Linguas faladasrohírrico e oestron Editar o valor en Wikidata
Inimigo/aSauron Editar o valor en Wikidata
Familia
NaiThéodwyn (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaiÉomund (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeFaramir Editar o valor en Wikidata
Irmá/nÉomer Editar o valor en Wikidata
Fillo/aElboron (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Éowyn («amante dos cabalos» en anglosaxón) é un personaxe da novela fantástica O Señor dos Aneis, de J. R. R. Tolkien. É unha nobre de Rohan; irmá do mariscal Éomer, que chegou a ser rei de Rohan. É filla de Éomund e Théodwyn, a irmá do rei Théoden. Tolkien descríbea como unha fermosa doncela guerreira, que se designa a si mesma na novela “Shieldmaiden of Rohan”, o que a sitúa na tradición típica dunha skjaldmö das sagas escandinavas.

Adaptacións

[editar | editar a fonte]
Miranda Otto na Conferencia do Anel de 2006 en Fulda (Alemaña).

A personaxe de Éowyn aparece moi brevemente no The Lord of the Rings (filme de 1978) producida por Ralph Bakshi en 1978, e carece de diálogo. Na triloxía dirixida por Peter Jackson esta personaxe aparece en The Two Towers e The Return of the King, e é interpretada pola actriz australiana Miranda Otto.