Iparralde
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Aquitania-Lemosín-Poitou-Charentes | ||||
Departamento | Pireneos Atlánticos | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 301.389 (101,96 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 2.956 km² | ||||
Iparralde[1] (en éuscaro Parte Norte), País Vasco Norte, País Vasco francés ou País Vasco continental son algúns dos diferentes nomes para facer referencia a aqueles territorios do histórico País Vasco baixo administración francesa, en contraposición a aqueles que están baixo administración española, o Hegoalde.
O Iparralde comprende aproximadamente a metade occidental do departamento francés dos Pireneos Atlánticos, e está formado polas tres provincias históricas de Baixa Navarra (en éuscaro: Nafarroa Beherea, en francés: Basse-Navarre), Lapurdi (en francés: Labourd) e Zuberoa (en francés: Soule).
Ademais do francés, lingua oficial, fálase no seu territorio éuscaro. Malia non ter oficialidade, aínda que si ten un recoñecemento secundario nalgúns eidos coma a educación e as institucións.
A cidade máis importante é Baiona. Outros concellos destacados son Biarritz, Hendaia ou Maule.
Territorio
[editar | editar a fonte]O departamento dos Pireneos Atlánticos divídese en tres distritos (arrondissements): Baiona, Oloron-Sainte-Marie e Pau. O País Vasco francés comprende por completo o de Baiona e os cantóns de Tardets-Sorholus e Mauléon-Licharre no de Oloron-Sainte-Marie.
O País Vasco francés comprende tres territorios históricos existentes antes da división departamental de Francia en 1789, e desde o antigo Reino de Navarra con certas modificacións.
- Lapurdi (Labourd en francés, Lapurdi en éuscaro, Labord en gascón). Baiona considérase convencionalmente parte de Labort, pero deixou de pertencer a este no século XIII. Municipios que se consideran parte de Lapurdi e que forman parte dos Consellos de Electos e Desenvolvemento do País Vasco francés, pero que non pertenceron á Lapurdi histórica, son Boucau (pertencente a Las Landas até 1857) e Bardos, Guiche e Urt (unidas administrativamente a Lapurdi en 1763, pero dependendo xudicialmente do senescal de Came, é dicir, de Bidache). Lapurdi atópase na súa totalidade no distrito de Baiona.
- Zuberoa (Soule en francés, Zuberoa en éuscaro): Situado máis ao interior, ao sueste de Lapurdi, Zuberoa é montañoso e ten numerosas vilas rurais.
- Baixa Navarra (Basse-Navarre en francés, Nafarroa Beherea en éuscaro): Abrangue a zona entre os Pireneos e a rexión de Baiona.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para éuscaro.