Saltar ao contido

Portada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Artigo destacado

Harry Potter e a Cámara dos Segredos é unha novela de fantasía escrita pola autora británica J. K. Rowling. É a segunda novela da saga Harry Potter. O libro continúa a historia de Harry no seu segundo ano na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería, durante o cal aparecen unha serie de mensaxes nas paredes do colexio advertindo de que a Cámara dos Segredos foi aberta e que o herdeiro de Slytherin ía matar a todos aqueles que non proviñesen de familias máxicas. Estas ameazas descóbrense xusto despois de ataques que deixan petrificados os residentes do colexio. Ao longo do ano, Harry e os seus amigos Ron e Hermione investigan os ataques. O libro publicouse no Reino Unido o 2 de xullo de 1998 por Bloomsbury e máis tarde nos Estados Unidos o 2 de xuño de 1999 por Scholastic Inc. Publicouse traducido ao galego no mes de novembro de 2002 pola Editorial Galaxia coa tradución de Eva Almazán. Aínda que Rowling declarou que lle resultou difícil rematar o libro, obtivo grandes eloxios e premios da crítica, dos lectores novos e da industria do libro, aínda que algúns críticos pensaron que a historia quizais era demasiado aterradora para os máis pequenos. Do mesmo xeito que con outras novelas da serie, Harry Potter e a Cámara dos Segredos desencadeou debates relixiosos; algunhas autoridades relixiosas condenaron o seu uso de temas máxicos, mentres que outras eloxiaron a súa énfase no sacrificio propio e na forma en que o carácter é o resultado das eleccións. A versión cinematográfica, estreada en 2002, converteuse (naquela época) no quinto filme con maior recadación da historia e recibiu valoracións positivas por parte da crítica. Tamén se lanzaron videoxogos baseados ​​libremente en Harry Potter e a Cámara dos Segredos para varias plataformas, e a maioría deles obtiveron críticas favorables.

Sobre Galicia

O Gran Teatro Circo Tamberlick foi un centro de representación escénica, circense (espectáculos ecuestres e ximnásticos) e sala de cinema de titularidade privada de Vigo. Inaugurouse o 11 de outubro de 1882 e demoleuse en 1991. Situado no que hoxe é a rúa Eduardo Iglesias, foi, no seu día, o teatro de maior capacidade da cidade. Foi nomeado en recoñecemento ao tenor que o inaugurou, o italiano Enrico Tamberlick. Foi derruído, inda que se conserva a fachada, na súa localización orixinal.

Tal día coma hoxe no ano...

Imaxe do día

Presentación

A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.

O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.

Participación

Podes consultar a Axuda e a Guía para obter máis información de como participar, nas que atoparás información de como comezar a colaborar, editar artigos e usar imaxes libres. En caso de dúbidas síntete libre de preguntar.

Comunidade

De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 152 501 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 287 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
Meta-Wiki
Meta-Wiki

Meta-Wiki
Coordinación

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

Commons
Multimedia

Wiktionary
Wiktionary

Galizionario
Dicionario

Wikibooks
Wikibooks

Galilibros
Libros

Wikisource
Wikisource

Galifontes
Documentos

Wikiquote
Wikiquote

Galicitas
Citas

Wikispecies
Wikispecies

Wikispecies
Especies

Wikinews
Wikinews

Wikinews
Novas

Wikiversity
Wikiversity

Wikiversity
Aprendizaxe

Wikivoyage
Wikivoyage

Wikivoyage
Viaxes

Wikidata
Wikidata

Wikidata
Datos

MediaWiki
MediaWiki

MediaWiki
Desenvolvemento