Dénia é unha cidade da Comunidade Valenciana situada na costa norte da provincia de Alacant. Trátase da capital da comarca da Marina Alta, tamén coñecida parte dela como "Marquesado de Dénia". Ten 45.569 habitantes (INE 2008).

Modelo:Xeografía políticaDénia
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 38°50′25″N 0°06′31″L / 38.840277777778, 0.10861111111111
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
ProvinciaProvincia de Alacant
Comarca da Comunidade ValencianaMarina Alta Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación45.622 (2023) Editar o valor en Wikidata (689,15 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie66,2 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Altitude22 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Evento clave
1244Siege of Dàniyya (en) Traducir
xuño de 1707Siege of Dénia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en Wikidatavalor descoñecido (2017–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal03700 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE03063 Editar o valor en Wikidata
Código ARGOS de concellos03063 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webdenia.es Editar o valor en Wikidata
Vista de Dénia dende o Montgó.
Calas de Dénia
Praia das Rotes en Dénia.

Xeografía

editar

O Montgó (753 msnm) (Parque Natural desde 1987) domina os 66,20 km² do termo municipal e presenta unha variada mostra de plantas autóctonas, animais, covas e carreiros. O outro atractivo paisaxístico é a Reserva Mariña do Cabo de San Antonio. Este cabo ten unha altitude de 160 m.

Dénia forma parte da Costa Branca, que vai desde esta localidade ata Pilar de la Horadada. Ten 20 km de costa na que destaca as praias de Les Marines e de Las Rotas.

Barrios e núcleos de poboación

editar
 
Barrio de Baix la Mar.
 
Muralla do castelo.
 
Porto de Dénia.

A poboación está distribuída en diversos barrios e áreas. No mesmo núcleo urbano atopamos os seguintes barrios:

  • Les Roques: construído ao longo dos séculos XIX e XX, non ten edificios monumentais pero destaca o conxunto xeral da súa arquitectura popular mediterránea, branca e sinxela. É aquí, nesta zona, onde se situaba a medina musulmá. Este barrio sitúase no contorno do castelo e destaca polas súas casas de poucas alturas e polas súas rúas estreitas.
  • Baix la Mar: é o barrio mariñeiro de Dénia. A súa configuración actual fórmase a partir do século XVI, cunha época de grande auxe entre os séculos XVIII e XIX, en que queda completamente definido. O barrio non ten edificios monumentais destacando só o edificio de "les Drassanes", antigos estaleiros de finais do século XVI ou comezos do século XVII, de gran sobriedade e con interesantes arcos carpaneis de pedra basta (hoxe en día este edificio alberga un hotel). O barrio Baix la Mar é moi interesante como conxunto arquitectónico posto que conserva trazos típicos dos barrios mariñeiros do Mediterráneo.
  • Centre: podemos distinguir o centro histórico (onde destaca a rúa Cavallers, xunto coas rúas Major, Sant Josep e Loreto, que aínda conservan un interesante conxunto de casas construídas a finais do século XVIII e durante o século XIX relacionadas coa riqueza e a burguesía que se creou ao redor do fenómeno da pasa); e o centro comercial, onde se sitúa a emblemática rúa Marqués de Campo, a Glorieta do País Valencià, rúa Diana, a praza do Consell, a praza do Convent ou a Praza da Constitució, entre outras. Nesta área atopamos a maior parte de tendas e servizos. O Concello está situado na mencionada Praza da Constitució, centro xeográfico da cidade.
  • Oest: como o seu nome indica, é o barrio que queda ao oeste da cidade, agrupado en torno á praza Valgamedios e a avenida de València.
  • Saladar: barrio de construción máis recente na parte sur de Dénia, que se agrupa ao redor do Paseo do Saladar e as rúas próximas, por exemplo Patrício Ferrándiz, a praza de Jaume I ou a praza do Arxiduc Carles. Nesta zona tamén podemos atopar numerosas tendas e servizos.
  • Darrere del Castell: barrio que queda ao norte da cidade. É a área de construción máis recente e está actualmente en expansión. A avenida de Miguel Hernández, unha das rúas máis longas da cidade, rolda das Muralles e a Praza de Cholet son algúns dos lugares máis distintivos do barrio.

Fora do núcleo urbano tamén podemos distinguir outras zonas: as Marines (ao norte), as Rotes (ao sur), a Pedrera (á faldra do Montgó), el Montgó etc. Dous dos núcleos de poboación do municipio acadaron unha certa autonomía administrativa coma entidades locais menores: Jesús Pobre e La Xara.

Accesos

editar

Dénia comunícase, por estrada, con Valencia e Alacant a través da N-332 e a Autoestrada do Mediterráneo (Saída 62). Ten conexión de autobuses con Gandia, ou Alacant.

Ten estación de ferrocarril da liña Dénia-Alacant de Ferrocarrils de la Generalitat Valenciana (FGV) o Trenet de la Marina. Mantén comunicación marítima con Eivissa (en 2 horas), Palma e Formentera.

Distancias

editar

Praias

editar

Dénia ten unha costa de 20 km e as praias do norte son amplas e de area. No sur hai calas rochosas. Estas praias están recoñecidas polos certificados ISO 14001 (xestión medio ambiental) e ISO 9001-2000 (xestión da calidade). Ten dúas zonas de praias: as Marines e as Rotes.

A zona de Les Marines ten as praias máis areosas:

  • Punta del Raset: praia de area máis preto do núcleo urbano, de 600 metros aproximadamente e de grande amplitude.
  • Albaranes: praia de area de 500 metros de lonxitude.
  • Les Marines: case 3 quilómetros de praia de area.
  • Les Bovetes: dous quilómetros de praia de area.
  • Els Molins: praia de area de arredor de 3 quilómetros de lonxitude.
  • L'Almadrava: 3 quilómetros de praia de area.
  • Les Deveses: praia de area máis lonxe do núcleo urbano. Area branca e dunas naturais. Recomendada para a práctica de deportes como o wind-surf e o kite-surf. Ten arredor de 3 quilómetros de lonxitude.

A zona de Les Rotes caracterízase polas súas numerosas calas e o paseo marítimo:

  • La Marineta Cassiana: a única praia de area de Les Rotes. É a máis próxima ao núcleo urbano e ten máis dun quilómetro de longo.
  • El Trampolí: calas rochosas de 1'5 quilómetros de longo.
  • Punta negra: calas rochosas de 1'5 quilómetros de longo.
  • Arenetes: medio quilómetro de calas rochosas.
  • La Cala: pequenas calas entre cantís de uso habitualmente nudista.

Demografía

editar

Tras un retroceso de poboación trala crise da filoxera a comezos do século XX, a evolución demográfica do municipio tivo un cambio radical grazas ao "boom" turístico dos anos sesenta. A súa poboación pasou de 12.185 habitantes en 1960 a 30.693 en 2000 e 45.569 en 2008.

Segundo o censo de 2007, o 29,7% da súa poboación é da inmigración; destes, un 59,0% procede da UE (da que destaca unha colonia de 2.619 alemáns), un 24,6% de Iberoamérica e un 10,1% da Europa non comunitaria.

Economía

editar

A crise da pasa, dende comezos do século XX, supuxo unha certa paralización económica da cidade. Dende os anos 1960 o turismo converteuse no principal sector económico de Dénia provocando a desaparición das industrias e unha acelerada urbanización.

Festas e celebracións

editar
 
Fallas.
  • Festas do Santísimo Sangue: festas maiores de Dénia, baseadas nos Bous a la Mar e o desfile de carrozas.
  • Fallas: con máis de 50 anos de tradición.
  • Mouros e Cristiáns: celebrado en agosto arredor do día de Sant Roc (San Roque), patrón da cidade.
  • Fogueiras de San Xoán: de menor importancia e tradición que as fallas.
  • Día do Corpus: celébrase unha procesión acompañada de danzas populares valencianas.
  • Día da Virxe dos Desamparados: organízase unha procesión polo porto con fogos de artificio para homenaxear á patroa dos mariñeiros.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar