Cullera é un municipio da Comunidade Valenciana que se atopa na comarca da Ribera Baixa.

Modelo:Xeografía políticaCullera
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°09′58″N 0°15′10″O / 39.166, -0.2527
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
Provinciaprovincia de Valencia
Comarca da Comunidade ValencianaRibera Baixa Editar o valor en Wikidata
CapitalCullera Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación23.753 (2023) Editar o valor en Wikidata (441,51 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie53,8 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo e Río Xúcar Editar o valor en Wikidata
Altitude2 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal46400 e 46408 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE46105 Editar o valor en Wikidata
Código ARGOS de concellos46105 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Syktyvkar (pt) Traducir (1997–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webcullera.es Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar
 
Praia de Cullera
 
Praia de Cullera

O municipio situado na ribeira do río Xúcar e xunto ao mar Mediterráneo, atópase a preto de 40 km da capital Valencia. Accédese a esta localidade dende a Cap i Casal tomando a V-31 e posteriormente a N-332 e despois de pasar Sueca virar á esquerda para seguir pola CV-5040.

Cullera, xunto cos termos municipais de Valencia, Alfafar, Sedaví, Catarroja, Massanassa, Albal, Beniparrell, Silla, Sollana, Sueca, Albalat de la Ribera e Algemesí, forma parte do Parque Natural da Albufeira. Nesta localidade desemboca o río Xúcar, irrigando o termo municipal de Cullera enteiro, mediante un sistema de regadío deseñado na época de dominación musulmá. O Xúcar tamén irriga practicamente toda a comarca da Ribera Baixa. Á parte do río Xucar, tamén existe a lagoa de L'Estany, situada na parte sur do termo municipal con desembocadura no mar, este é un lugar de pesca habitual.

Ao norte e nun recuncho da montaña, atópase a balsa de Sant Llorenç, este é un gran estanque rodeado de canas e coa fauna autóctona do Parque Natural da Albufeira. O termo municipal de Cullera esténdese ao longo dunha chaira, cuxa única elevación é a Muntanya de les Rabosses (montaña das Raposas), cunha altura máxima de 233 m, sendo o último contraforte do Sistema Ibérico antes de chegar ao mar. O nome da montaña débese a que nunha época habitaban moitos coellos, facendo que tamén se atopase o raposo no mesmo hábitat; nos últimos tempos por mor da especulación urbanística e a explotación turística de cando en cando adoita verse algún raposo, excepto en contadas ocasións. Desta montaña cabe destacar que pola súa situación xeográfica, desde a cal se controlan todos os arredores, sempre estivo habitada e utilizada como atalaia, feito constatado polo castelo musulmán reformado máis tarde polos cristiáns, e a principios do século XX volta a reformarse para albergar un santuario, moito máis recente é o forte na parte máis elevada da montaña, que data da época das guerras carlistas.

Barrios e pedanías

editar

No termo municipal de Cullera sitúanse os seguintes núcleos de poboación:

  • Sant Antoni de la Mar
  • El Far
  • El Dosser
  • El Brosquil
  • El Mareny de Sant Llorenç
  • El Marenyet
  • L'Estany
  • El Racó
  • La Bega
  • El Port
  • El Raval de Sant Agustí
  • La Vila

Localidades limítrofes

editar

O termo municipal de Cullera limita cos de Sueca, Corbera, Fortaleny, Llaurí, Favara, Polinyà de Xúquer e Tavernes de la Valldigna.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar