Saltar ao contido

trato

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Etimoloxía: de tratar

Substantivo masculino

trato (sg: trato; pl: tratos)

  1. Acción e efecto de tratar a alguén ou a algo.
    • Exemplo: Daslle un trato penoso e así non vai durar o coche nin catro días.

    • Sinónimos: tratamento
  2. Relación social que se mantén con alguén.
    • Exemplo: O trato dos meus sogros é respectuoso pero para nada afectuoso.

  3. (Gandaría, Economía) Actividade comercial do tratante nas feiras de gando ou na casa do gandeiro; compra e venda de gando.
    • Exemplo: Xa mo dicía o meu pai: no trato hai que saber perder hoxe un para gañar mañá dez.

    • Termos relacionados: tratante, feirear, andar no trato

Termos relacionados

Traducións