Saltar ao contido

lata

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Latas de sardiñas
  • Pronuncia: /'la.ta/ (AFI)

Substantivo feminino

lata (sg: lata; pl: latas)

  1. Folla de ferro cuberta dunha capa de estaño para que non se oxide.
    • Exemplo: Os botes para as conservas son de lata.

  2. Por extensión, recipiente pequeno feito con este material.
    • Exemplo: Comprei catro latas de sardiñas.

  3. Pau longo.
    • Exemplo: Foi á fraga buscar unhas latas de castiñeiro.

  4. Temón do arado.
    • Exemplo: Facerlle as furas á lata.

Pandeireta, pandeiro e lata
  1. Pau longo colocado sobre estacas.
    • Exemplo: Puxo a saba a secar nunha lata.

  2. Cada un dos paus longos que suxeitan a palla ou a herba nun palleiro.
    • Exemplo: Poñerlle as latas á meda.

  3. Pau longo sobre o que se coloca o colmo do teito.
    • Exemplo: Andaba lixeiro coma un gato polas latas.

  4. Cada unha das táboas que, colocadas sobre os cangos, serven para soster as tellas.
    • Exemplo: Serrar latas para un tellado.

  5. Estrutura que sostén unha parra.
    • Exemplo: Xa están as latas cubertas de follas e os acios comezan a agromar.

  6. Lámina fina de madeira coa que se tece o fondo dos cestos.
    • Exemplo: Buscou unha póla ben feita para facer as latas.

  7. (Música) Recipiente metálico de aceite, pemento, etc., baleiro, empregado na música tradicional galega para o acompañamento musical.
    • Exemplo: A rapaza golpeaba a lata ritmicamente.