corte
Aparencia
Galego
corte1
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/db/Cows_on_a_farm_-_by_Eric_Dufresne.jpg/250px-Cows_on_a_farm_-_by_Eric_Dufresne.jpg)
Pronuncia: /ˈkoɾ.te̯/ (AFI)
corte
(sg: corte; pl: cortes)
- (Gandaría) Edificación cuberta na que se gorecen os animais domésticos, que pode estar illada ou integrada na casa.
- Exemplo: Quen na corte se criou, sempre a esterco ha de cheirar.
- Exemplo: Quen na corte se criou, sempre a esterco ha de cheirar.
Termos relacionados
buscarlle corte ao boi vello, cortello, curral, encortellar, estar na corte e non ver as vacas, estrume, ir á corte e matalas todas.
corte2
Pronuncia: /ˈkoɾ.te̯/ (AFI)
corte
(sg: corte; pl: cortes)
- Conxunto formado polo soberano e as persoas que o rodean e que constitúen a súa familia, o seu servizo e a súa comitiva.
- Por extensión, lugar ou poboación onde residen o soberano e onde residen os organismos de goberno dunha monarquía.
- Por extensión, séquito, acompañamento ou comitiva dunha persoa importante.
- (Dereito) Tribunal de xustiza.
- (Figurado) Conxunto de persoas que rodean a alguén para seguilo.
- (Figurado) Galanteo, atención constante a unha persoa para namorala.
Termos relacionados
cortes
- (Historia) Na Idade Media, asemblea das distintas clases sociais, cidades e vilas, convocada polo rei para tratar diferentes asuntos.
- (Dereito) Institución política composta por representantes dunha Nación ou Estado.
Termos relacionados
Cortes constituíntes, Cortes españolas, Cortes ordinarias, facer a corte.
corte3
Etimoloxía: de cortar.
Pronuncia: /ˈkoɾ.te̯/ (AFI)
corte
(sg: corte; pl: cortes)
Sinónimos
corta, cortada, cortadura, tallo.