corna
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /ˈkɔɾna̝/ (AFI)
corna (sg: corna; pl: cornas)
- (Zooloxía) Apéndice duro, par, na cabeza dos ruminantes, formado sobre un soporte óseo sobre o óso frontal. Por extensión, substancia da que está feito o corno.
- (Zooloxía) Conxunto dos dous cornos dunha res, así como a súa disposición.
- Sinónimos: cornamenta, encornadura.
- Exemplo: A vaca ten mala corna, cun corno máis alto có outro.
- (Agricultura) Corno de vaca, baleirado e con auga, que se utiliza para levar a pedra de afiar.
- Sinónimos: corno.
- Cuncha do molusco Charonia lampas, de ata 25 cm de lonxitude, que se fura pola punta e se utiliza como buguina.
Termos relacionados
- corno, cornamenta, encornadura
- cornear, encornar, escornar
- cornecho, cornello, cornella, corneta, cornete, cornetada, corniño, cornizó
- córneo
- cornudo
- corno da abundancia
- poñer os cornos (a alguén)
- poñerse de cornos (con alguén)
- poñer (a alguén) nos cornos da lúa