Saltar ao contido

casca

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «casca».
  • Pronuncia: /ˈkaska/ (AFI)

Substantivo feminino

casca (sg: casca; pl: cascas)

  1. Envoltura ou codia, máis ou menos dura e coriácea, de certos froitos (abelás, améndoas, castañas, noces, etc.).
  2. Cuberta exterior das árbores.
  3. Cuberta exterior dos ovos das aves.
  4. Pel que cobre a pataca e algúns froitos (mazás, peras, laranxas), plátanos, etc.
  5. Vaíña do legume, ou froito das leguminosas (fabas, chícharos, garavanzos, lentellas, etc.), que encerra as sementes.
  6. Exoesqueleto ou caparazón dos crustáceos.
    • Termos relacionados: cacho.
  7. Cuncha dalgúns moluscos.
  8. Pel dun animal.

Termos relacionados