Saltar ao contido

Cristo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xesucristo»)
Xesús Cristo nun mosaico de Hagia Sophia, Istambul (século XII).

Cristo (Do latín Christus, e este do grego Christós, Χριστoς, á súa vez unha tradución do hebreo meshiah -en galego "mesías"-, que significa "unxido") era un título cualificativo que os xudeus aplicaban aos seus sacerdotes, reis e profetas, xa que estes debían ser unxidos no nome de Deus para consagrarse ao seu labor.

Os seguidores de Xesús de Nazaret tamén lle aplicaron este título ao seu líder, chamándolle Cristo Xesús ou Xesucristo. Co tempo, Cristo converteuse noutro dos nomes de Xesús de Nazaret.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]