Unión polacolituana
Aparencia
(Redirección desde «Unión polaco-lituana»)
O termo "unión polacolituana" refírese a unha serie de actos e alianzas entre o Reino de Polonia e o Gran Ducado de Lituania que levou á creación da unión polacolituana — a "República das Dúas Nacións" — en 1569 e eventualmente á creación dun estado unitario en 1791.
Os actos máis importantes do processo de unión foron:
- 1385 - Unión de Krewo - unha unión persoal.
- 1401 - Unión de Vilnius e Radom - Lituania obtivo unha grande autonomía, con Vytautas como gran duque.
- 1413 - Unión de Horodło.
- 1432 (1432-34) - Unión de Grodno.
- 1499 - Unión de Cracovia e Vilnius.
- 1501 - Unión de Mielnik.
- 1 de xullo de 1569 - Unión de Lublin - creación da República das Dúas Nacións.
- 3 de maio de 1791 - Constitución polaca do 3 de maio de 1791: o Reino de Polonia e o Gran Ducado da Lituania foron abolidos, e un estado común foi creado no seu lugar.