Satélite espía
Aparencia
(Redirección desde «Satélite de recoñecemento»)
Un satélite espía, denominado tamén como satélite de recoñecemento ou satélite de intelixencia, é un satélite de observación terrestre ou de comunicacións despregado para aplicacións de intelixencia e recoñecemento.
A primeira xeración de satélites espía (como os Corona[1][2] estadounidenses ou os Zenit-2 soviéticos) tomaban fotografías con película fotográfica que debía ser devolta a terra en cápsulas para poder ser revelada e analizada. Posteriormente os satélites espía foron dotados de cámaras e sistemas dixitais que permiten transmitir as imaxes directamente a terra.
Tipos
[editar | editar a fonte]Dentro dos satélites de recoñecemento poden atoparse varios tipos:
- Satélites de alerta temperá, para a detección de lanzamento de mísiles.
- Satélites detectores de explosións nucleares, como os Vela.
- Satélites de recoñecemento electrónico, para interceptar sinais de radio.
- Satélites de recoñecemento óptico, que toman imaxes de moi alta resolución.
- Satélites de recoñecemento mediante radar, que teñen a vantaxe de poder observar de día e de noite.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ National Reconnaissance Office (ed.). "Corona History". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 13 de xuño de 2022.
- ↑ Mission and Spacecraft Library (ed.). "Corona Program". Arquivado dende o orixinal o 7 de agosto de 2011. Consultado o 13 de xuño de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Satélite espía |