Mike Mullane
Aparencia
(Redirección desde «Richard M. Mullane»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de setembro de 1945 (79 anos) Wichita Falls, Estados Unidos de América (pt) |
Educación | Escola de Pilotos de Probas da Forza Aérea dos Estados Unidos St. Pius X High School (en) Academia Militar dos Estados Unidos (pt) Air University (en) |
Actividade | |
Ocupación | oficial, novelista, astronauta, aviador |
Empregador | NASA, astronauta |
Carreira militar | |
Rama militar | Forza Aérea dos Estados Unidos de América |
Rango militar | coronel (pt) |
Conflito | Guerra do Vietnam |
Tempo no espazo | 14 días, 20 horas e 20 minutos |
Misión do astronauta | |
Premios | |
Richard Michael "Mike" Mullane, nado en Wichita Falls, Texas, o 10 de setembro de 1945, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-41-D, STS-27 e STS-36.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mullane graduouse en enxeñaría militar pola Academia Militar dos Estados Unidos en 1967 e é máster en enxeñaría aeronáutica polo Instituto de Tecnoloxía da Forza Aérea en 1975.[1][2]
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xaneiro de 1978, participando nas misións STS-41-D, STS-27 e STS-36 e pasando un total de 14,85 días no espazo.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Mullane, Richard Michael 'Mike'" (en inglés). Consultado o 24 de setembro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (xaneiro de 1996). "RICHARD M. MULLANE (COLONEL, USAF, RET.)NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 24 de setembro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mike Mullane |