Saltar ao contido

La Polla Records

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Polla Records»)
La Polla Records
OrixeÁraba, País Vasco País Vasco
Período1979-2003, 2019- presente
Xénero(s)Punk
MembrosEvaristo, Abel, Tripi, Txiki, Sume
Antigos membrosTxarly, Maleguin, Fernando, Jokin
Na rede
http://www.lapollarecords.net/
Spotify: 3vHlZN6pTa2zOl2eVxiEdJ Last fm: La+Polla+Records Musicbrainz: cd3f2331-160b-4ed3-9f2d-f0c54fcc1c63 Songkick: 45789 Discogs: 1002680 Allmusic: mn0000106224 Editar o valor en Wikidata

La Polla Records, ou simplemente La Polla, é un grupo vasco de música punk.

La Polla Records formouse en 1979 en Agurain (Áraba), por Evaristo Páramos (vocalista), Fernandito na batería, Maleguin no baixo, Txarly na guitarra líder e Some na outra guitarra. O nome da banda resulta controvertido porque en castelán "polla" é como se lle chama vulgarmente ao pene. Segundo Evaristo:

Saíu porque diciamos moito "me cagon la polla", e records non sabiamos que significaba disco en inglés, senón que llo puxemos no sentido dos records de atletismo

Inicialmente adoitaban tocar en garaxes ou bares, xa que a primeira vez que actuaron foi no bar da súa vila, pero foi en 1983 cando lanzaron o seu primeiro álbum ¿Y ahora que?, que contiña só 4 cancións baixo a discográfica independente "Oihuka".

Con todo, en 1984 sacan un álbum máis completo de 19 cancións chamado Salve. Nas súas letras fan fortes críticas contra o fascismo, capitalismo, catolicismo, alienación, moda, e outros factores da sociedade, algo que caracterizaría toda a súa carreira.

Os anos seguintes gravan Revolución (aquí foi o primeiro cambio no baixo de Maleguin por Abel, curmán de Fernandito), No somos nada, En directo (gravado nun concerto, en Lakuntza), Ellos dicen mierda nosotros amén, Los jubilados, Barman, Negro e Hoy es el futuro.

En 1991 un tribunal prohibiu o nome da banda debido a un contencioso cun antigo técnico de son expulsado do grupo, pero LPR ignorando a sentenza sacou o álbum Bajo presión, un nome moi significativo do que estaba pasando ao redor do grupo. Finalmente en 1996 cambiaron o nome deixando unicamente "La Polla" co CD de Carne para la picadora.

Posteriormente lanzan o álbum titulado La Polla Enturecto, gravado en vivo como unha recompilación. En 1999 celebran os vinte anos de LPR gravando Toda la puta vida igual. Logo lanzan Bocas e Txarly deixa a banda sendo substituído por Jokin de M.C.D..

En 2002 cando seguen tocando e dando concertos, morreu Fernandito (batería) o 22 de setembro. LPR cancela todos os seus concertos e xiras. Logo da perda de Fernandito, sacan o seu último álbum como ben indica o seu título: El último (el) de la Polla, e poñen fin a vinte e tres anos de carreira.

Evaristo decidiuse a sacar un libro chamado Por los hijos lo que sea en que narra relatos, historias e anécdotas que teñen o mesmo propósito que as súas letras, continuando tamén a súa carreira musical con grupos como The Kagas, The Meas e actualmente con Gatillazo preparando o seu segundo traballo.

O grupo non foi amante das promocións nin das gravacións en vídeo. Durante a súa dilatada carreira realizaron poucos videoclips.

Membros do grupo

[editar | editar a fonte]

Formación orixinal

[editar | editar a fonte]
  • Evaristo Páramos (voz)
  • Abel (baixo)
  • Fernando (batería)
  • Txarly (guitarra)
  • Sume (guitarra)

Última formación

[editar | editar a fonte]
  • Evaristo (voz)
  • Abel (baixo)
  • Tripi (batería)
  • Txiki (guitarra)
  • Sume (guitarra)

Membros antigos

[editar | editar a fonte]
  • Maleguin (baixo). Desde Y ahora que? ata Salve.
  • Jokin (guitarra). Estivo no disco Bocas, trala marcha de Txarly do grupo. Ex-guitarrista de MCD, e posteriormente de Motorsex.
  • Txarly (guitarra). Desde Y ahora que? ata Toda la puta vida igual. Deixou o grupo por un accidente que lle afectou á audición.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Banco Vaticano (maqueta, 1981)
  • Y ahora qué? (1983)
  • Salve (1984)
  • Revolución (1985)
  • No somos nada (1987)
  • Donde se habla (1988)
  • En directo (1988)
  • Ellos dicen mierda nosotros amén (1990)
  • Los jubilados (1990)
  • Barman (1991)
  • Negro (1992)
  • Hoy es el futuro (1993)
  • Bajo presión (1994)
  • Carne para la picadora (1996)
  • En tu recto (1998)
  • Toda la puta vida igual (1999)
  • Bocas (2001)
  • El último (el) de La Polla (2003)
  • Vamos entrando (directo) (2004)
  • Vamos Entrando (2004, Festival Viña Rock. Villarrobledo, Albacete)

Recompilatorios

[editar | editar a fonte]
  • Volumen 1
  • Volumen 2
  • Volumen 3
  • Volumen 4
  • 14 Años de La Polla