Saltar ao contido

Abelleira escura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ophrys sphegodes»)

A abelleira escura, Ophrys sphegodes,[1] é unha especie do xénero Ophrys. Son orquídeas monopodiais e terrestres. É unha especie moi variable que pode presentar pequenas alteracións ou subespecies.[Cómpre referencia]

Detalle flor

Descrición

[editar | editar a fonte]

Durante o verán estas orquídeas están dormentes como un bulbo subterráneo tubérculo, que serve como unha reserva de comida. Ao final do verán-outono desenvolve unha roseta de follas. Tamén un novo tubérculo empeza a desenvolverse e madura até a seguinte primavera, o vello tubérculo morre lentamente. Na próxima primavera o talo floral empeza a desenvolverse, e durante a floración as follas xa comezan a murcharse.

A maioría das especies dependen dun fungo simbionte, debido a isto desenvolven só un par de pequenas follas alternas. Non poden ser trasplantadas debido a esta simbiose. As pequenas follas basais forman unha roseta pegada a nivel do chan. Son oblongo lanceoladas redondeadas sen identaciones e teñen unha cor verde azulada. Desenvólvense no outono e poden sobrevivir as xeadas do inverno.

É unha orquídea terrestre que ten tubérculo subterráneo, globular, e pequeno do cal sae o talo floral erecto sinxelo e sen ramificacións duns 30 cm . As flores posúen un labelo de gran tamaño. O labelo é trilobulado marrón escuro, con lóbulo central aterciopelado, triangular, alargado e bombeado. O labelo de cor parda aveluada duns 13 a 18 mm de lonxitude ten tres lóbulos cos dous laterais triangulares que están voltados lixeiramente cara a adiante cuns pelos finos e sedosos imitando élitros de insecto. O lóbulo intermedio é glabro e máis grande que os laterais no que o espéculo é de cor aceiro ou algo purpúreo, con forma de H ou de letra "pi" grega. Esta variedade ten dous sépalos laterais iguais en tamaño, o terceiro vólvese un pouco cara a adiante. O tres sépalos duns 7 mm de lonxitude e unha cor uniforme verde avermellada ou verde. Os pétalos máis internos son bastante máis pequenos que os sépalos, estreitos e afiados ( imitan as antenas dun insecto), pero da mesma cor verde que os sépalos, e fan un gran contraste cos tons escuros do labelo. De dúas a dez flores desenvólvense no talo floral con follas basais. As flores son únicas, non só pola súa infrecuente beleza, gradación de cor e formas excepcionais, senón tamén pola inxenuidade coa que atraen aos insectos. O seu labelo imita neste caso ao abdome dunha araña. Esta especie é moi variable nos seus debuxos e gradación de cor. Florecen de mediados de marzo a abril.

Esta suxestión visual serve como reclamo íntimo. Esta polinización mímica está acrecentada ao producir ademais a fragrancia da femia do insecto en celo. Estas feromonas fan que o insecto se achegue a investigar. Isto ocorre soamente no período determinado no que os machos están en celo e as femias aínda non copularon. O insecto está tan excitado que empeza a copular coa flor. Isto denomínase "pseudocopulación", a firmeza, a suavidade, e os pelos aterciopelados do labelo, son os maiores incentivos, para que o insecto se introduza na flor. Os polinia adhírense á cabeza ou ao abdome do insecto. Cando volve visitar outra flor os polinia golpean o estigma. Os filamentos dos polinia durante o transporte cambian de posición de tal maneira que os céreos grans de pole poidan golpear ao estigma, tal é o grao de refinamiento da reprodución. Se os filamentos non toman a nova posición os polinia poderían non fecundar a nova orquídea.

Cada orquídea ten o seu propio insecto polinizador e depende completamente desta especie polinizadora para a súa supervivencia. Aínda máis, os machos embaucados é probable que non volvan ou mesmo que ignoren plantas da mesma especie. Por todo isto soamente cerca do 10 % da poboación de Ophrys chega a ser polinizada. Isto é suficiente para preservar a poboación de Ophrys, dado que cada flor fertilizada produce 12.000 diminutas sementes.

Esta especie de hábitos terrestres monopodiais distribúese polo Mediterráneo (España, sur de Francia, e Córsega), en xeral en toda Europa. En prados, garrigas, arbustos e bosques. Alcanzan unha altura de 25 a 30 cm.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O seu nome Ophrys deriva da palabra grega: "ophrys" = "cella" referíndose á alta consideración que se ten cara a este xénero.
Do grego sphegodes = "Semellante a unha avespa" referíndose ó seu labelo.
Ophrys menciónase por vez primeira no libro Historia Natural de Plinio o Vello (23-79 AD).

Por orde alfabética:
  • Arachnites aranifera (Huds.) Bubani 1901
  • Myodium araniferum (Huds.) Salisb. 1812
  • Ophrys araneola Rchb. 1831
  • Ophrys aranifera f. latipetala Chaub. ex St.-Amans 1821
  • Ophrys aranifera f. oodicheila Renz 1928
  • Ophrys aranifera f. peralba G.Keller 1912
  • Ophrys aranifera f. pseudomuscifera Ruppert 1917
  • Ophrys aranifera f. purpurea A.Camus 1929
  • Ophrys aranifera f. semilunaris W.Zimm. 1917
  • Ophrys aranifera Huds. 1778
  • Ophrys aranifera ssp. litigiosa (E.G.Camus) P. Fourn.
  • Ophrys aranifera ssp. araneola (Rchb.) K.Richt. 1890
  • Ophrys aranifera subvar. bavarica Soó 1927
  • Ophrys aranifera var. aurantiaca Beauverd 1929
  • Ophrys aranifera var. euchlora J.Murray 1905
  • Ophrys aranifera var. flavescens M.Schulze 1894
  • Ophrys aranifera var. quadriloba Rchb.f. 1851
  • Ophrys aranifera var. rotulata Beck 1890
  • Ophrys aranifera var. subfucifera Rchb.f. 1851
  • Ophrys argensonensis J.-C.Guérin & A.Merlet 1998
  • Ophrys argentaria Devillers-Tersch. & Devillers 1991
  • Ophrys classica Devillers-Tersch. & Devillers 2000
  • Ophrys cretensis (H.Baumann & Künkele) Paulus 1988
  • Ophrys crucigera Jacq. 1784
  • Ophrys delmeziana P.Delforge 1989
  • Ophrys exaltata ssp. mateolana (Medagli & al.) Paulus & Gack 1999
  • Ophrys fuchsii W.Zimm. 1917
  • Ophrys fucifera Sm. 1830
  • Ophrys fuciflora Curtis 1778
  • Ophrys galeopsidea Lag. ex Colmeiro 1889
  • Ophrys garganica O.Danesch & E.Danesch 1975
  • Ophrys garganica ssp. passionis (Sennen ex Devillers-Tersch. & Devillers) Paulus & Gack 1999
  • Ophrys garganica ssp. sipontensis (R.Lorenz & Gembardt) Del Prete 1984
  • Ophrys gortynia (H.Baumann & Künkele) Paulus 1988
  • Ophrys hebes (Kalopissis) E.Willing & B.Willing 1980
  • Ophrys illyrica S.Hertel & K.Hertel 2002
  • Ophrys incubacea ssp. garganica (O.Danesch & E.Danesch) Galesi 2004
  • Ophrys insectifera var. arachnites L. 1753
  • Ophrys insectifera var. pallescens Moggr. 1869
  • Ophrys insectifera var. rubescens Moggr. 1869
  • Ophrys litigiosa E.G.Camus 1900
  • Ophrys majellensis (Helga Daiss & Herm.Daiss) P.Delforge 1998
  • Ophrys massiliensis Viglione & Véla 1999
  • Ophrys mateolana Medagli & al. 1991
  • Ophrys melitensis (Salk.) Devillers-Tersch. & Devillers 1994
  • Ophrys montenegrina (H.Baumann & Künkele) Devillers-Tersch. & Devillers 1991
  • Ophrys negadensis G.Thiele & W.Thiele 2001
  • Ophrys passionis Sennen ex Devillers-Tersch. & Devillers 1994
  • Ophrys passionis ssp. majellensis (Helga Daiss & Herm.Daiss) Romolini & Soca 2000
  • Ophrys provincialis (H.Baumann & Künkele) Paulus 1988
  • Ophrys quadriloba (Rchb.f.) E.G.Camus 1908
  • Ophrys riojana C.E.Hermos., J. Eur. Orch. 31: 881 (1999).
  • Ophrys ruppertii A.Fuchs 1917
  • Ophrys sipontensis R.Lorenz & Gembardt 1987
  • Ophrys sphegodes f. latipetala (Chaub. ex St.-Amans) Soó 1971
  • Ophrys sphegodes f. pseudomuscifera (Ruppert) Soó 1971
  • Ophrys sphegodes f. subfucifera (Rchb.f.) Soó 1971
  • Ophrys sphegodes lus. aurantiaca (Beauverd) Soó 1971
  • Ophrys sphegodes lus. bavarica (Soó) Soó 1971
  • Ophrys sphegodes lus. euchlora (J.Murray) Soó 1971
  • Ophrys sphegodes lus. flavescens (M.Schulze) Soó 1971
  • Ophrys sphegodes lus. pallescens (Moggr.) Soó 1971
  • Ophrys sphegodes lus. peralba (G.Keller) Soó 1971
  • Ophrys sphegodes lus. purpurea (A.Camus) Soó 1971
  • Ophrys sphegodes lus. rotulata (Beck) Soó 1971
  • Ophrys sphegodes lus. rubescens (Moggr.) Soó 1971
  • Ophrys sphegodes lus. semilunaris (W.Zimm.) Soó 1971
  • Ophrys sphegodes ssp. araneola (Rchb.) M. Laínz 1983
  • Ophrys sphegodes ssp. cretensis H.Baumann & Künkele 1986
  • Ophrys sphegodes ssp. garganica E.Nelson 1962
  • Ophrys sphegodes ssp. gortynia H.Baumann & Künkele 1986
  • Ophrys sphegodes ssp. hebes Kalopissis 1975
  • Ophrys sphegodes ssp. litigiosa (E.G.Camus) Bech. 1925
  • Ophrys sphegodes ssp. majellensis Helga Daiss & Herm.Daiss 1997
  • Ophrys sphegodes ssp. melitensis Salk. 1992
  • Ophrys sphegodes ssp. montenegrina H.Baumann & Künkele 1988
  • Ophrys sphegodes ssp. oodicheila (Renz) Riech. 2004
  • Ophrys sphegodes ssp. passionis (Sennen ex Devillers-Tersch. & Devillers) Sanz & Nuet 1995
  • Ophrys sphegodes ssp. provincialis H.Baumann & Künkele 1988
  • Ophrys sphegodes ssp. tommasinii (Vis.) Soó 1971
  • Ophrys sphegodes var. argentaria (Devillers-Tersch. & Devillers) Faurh. 2002
  • Ophrys sphegodes var. garganicoides Balayer 1986
  • Ophrys sphegodes var. gigantea A.Fuchs 1917
  • Ophrys sphegodes var. subaesculapiana Balayer 1986
  • Ophrys sphegodes var. subspruneriana Balayer 1986
  • Ophrys sphegodes var. subtommasiniana Balayer 1986
  • Ophrys tarquinia P.Delforge 2000
  • Ophrys tommasinii ssp. araneola (Rchb.) Soó 1980
  • Ophrys tommasinii ssp. litigiosa (E.G.Camus) Soó 1973
  • Ophrys tommasinii Vis. 1851
  • Ophrys vindelica W.Zimm. ex A.Fuchs 1928

Subespecies de Ophrys sphegodes

[editar | editar a fonte]
  • Ophrys sphegodes ssp. sphegodes Mill. 1768
  • Ophrys sphegodes nothossp. jeanpertii (E.G.Camus) Del Prete & Conte 1980
  • Ophrys sphegodes ssp. aesculapii (Renz) Soó ex J.J.Wood 1980
  • Ophrys sphegodes ssp. aveyronensis J.J.Wood 1983
  • Ophrys sphegodes ssp. helenae (Renz) Soó & D.M.Moore 1978
  • Ophrys sphegodes ssp. panormitana (Tod.) Kreutz 2004
  • Ophrys sphegodes ssp. praecox Corrías 1983

Híbridos naturais de Ophrys sphegodes

[editar | editar a fonte]
  • Ophrys × baumanniana (O. cretica × O. sphegodes) (Creta)
  • Ophrys × benoitiana (O. incubacea × O. sphegodes ssp. lunulata) (Sicilia)
  • Ophrys × bilineata (O. bertolonii × O. sphegodes) (Europa)
  • Ophrys × boscoquartensis (O. biscutella × O. sphegodes) (Italia)
  • Ophrys × burneriana (O. sphegodes ssp. cretensis × O. spruneri) (Creta)
  • Ophrys × epidavrensis (O. argolica × O. sphegodes ssp. aesculapii) (Grecia)
  • Ophrys × extorris (O. holosericea × O. insectifera × O. sphegodes) (Austria)
  • Ophrys × flahaultii (O. apifera var. ? apifera × O. sphegodes) (Francia)
  • Ophrys × hoeppneri (O. bombyliflora × O. sphegodes) (Italia)
  • Ophrys × hybrida (O. insectifera × O. sphegodes) (Francia)
  • Ophrys × jarigei (O. fusca ssp. minima × O. sphegodes)) (Francia)
  • Ophrys × jeanpertii (O. araneola × O. sphegodes) (Francia)
  • Ophrys × macchiatii (O. sphegodes × O. vernixia ssp. ciliata) (Sardeña)
  • Ophrys × philippei (O. scolopax × O. sphegodes) (S. Europa)
  • Ophrys × rauschertii (O. apifera × O. insectifera × O. sphegodes) (Europa)
  • Ophrys × vogatsica (O. reinholdii × O. sphegodes) (Grecia)
  1. Ficha no libro Guía das orquídeas de Galicia de Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Leroy-Terquem, Gerald e Jean Parisot. Orchids: Care and Cultivation. Londres: Cassel Publishers Ltd., 1991.
  • Schoser, Gustav. Orchid Growing Basics. Nova York: Sterling