Saltar ao contido

Misterioso asasinato en Manhattan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Manhattan Murder Mystery»)

Misterioso asasinato en Manhattan
Ficha técnica
Título orixinalManhattan Murder Mystery
DirectorWoody Allen
ProdutorRobert Greenhut
GuiónWoody Allen
Marshall Brickman
IntérpretesAlan Alda
Woody Allen
Anjelica Huston
Diane Keaton
FotografíaCarlo Di Palma
MontaxeSusan E. Morse
DistribuidoraTriStar Pictures
Estrea18 de agosto de 1993
Duración107 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroSuspense, comedia
Orzamento13,5 millóns de dólares
Recadación11,2 millóns de dólares (Estados Unidos)
Na rede
IMDB: tt0107507 Filmaffinity: 839855 Allocine: 8427 Rottentomatoes: m/manhattan_murder_mystery Mojo: manhattanmurdermystery Allmovie: v31291 TCM: 82823 TV.com: movies/manhattan-murder-mystery Netlix: 738561 Editar o valor en Wikidata

Misterioso asasinato en Manhattan (en inglés: Manhattan Murder Mystery) é un filme de Woody Allen de 1993 do xénero de suspense, cun ton cómico, protagonizada por Alan Alda, Allen, Anjelica Huston e Diane Keaton, na súa oitava colaboración co director. O filme trata sobre a investigación dun matrimonio sobre a morte da esposa do seu veciño.

Estreouse en galego na Televisión de Galicia en 1996.[1]

Argumento

[editar | editar a fonte]

Larry Lipton e a súa esposa Carol coñecen os seus veciños maiores Paul e Lillian House no ascensor nun agradable encontro. Á noite seguinte, Lillian morre dun ataque cardíaco. Os Lipton están sorprendidos pola morte porque parecía ben saudable e desconfían da alegría de Paul despois da morte da súa muller. Carol comeza a investigar, mesmo inventando unha escusa para visitalo. Unha urna que atopa no apartamento de Paul contradí a súa historia de que Lillian fora enterrada.

Produción

[editar | editar a fonte]

Allen comezou Manhattan Murder Mystery como un primeiro borrador de Annie Hall, mais non sentiu que fose suficientemente substancial e decidiu ir noutra dirección.[2] Renunciara a realizar o filme durante anos porque sentía que era demasiado lixeiro, "como un libro para ler no aeroporto".[3] Allen decidiu revisitar o material a principios da década de 1990. Contactou con Marshall Brickman, con quen coescribira Annie Hall, e desenvolveron máis a historia.[4] O papel de Carol estaba escrito para Mia Farrow, mais cambiouse cando ela e Allen remataron a súa relación e se enlearon nunha batalla pola custodia dos seus tres fillos.[5] Nos medios indicouse que se fixeron cambios no filme no que foi "definitivamente unha reacción" aos problemas de Allen, incluído contratar a Anjelica Huston como "unha novelista primeiriza moito máis nova" coa que a personaxe de Allen se ve relacionada romanticamente (Huston tiña 41 anos durante a produción).[6] No outono de 1992, Allen chamou a Diane Keaton e pediulle que ocupase o lugar de Farrow e ela aceptou inmediatamente.[3]

  1. La Voz de Galicia, 27 de novembro de 1996. Páx. 35
  2. Fine, Marshall (18 de agosto de 1993). "Woody's Take". USA Today (McLean, Virginia). 
  3. 3,0 3,1 Dowd, Maureen (15 de agosto de 1993). "Diane and Woody, Still a Fun Couple". The New York Times. Consultado o 28 de outubro de 2011. 
  4. De Curtis, Anthony (5 de setembro de 1993). "What's With Woody?". Toronto Star. 
  5. Span, Paula (4 de maio de 1993). "Here Comes the Judgment". The Washington Post. 
  6. Chandler, Stephen (2 de outubro de 1992). "Retooling Woody Allen's script". Entertainment Weekly. Nova York. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2007. Consultado o 23 de xaneiro de 2007. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]