Josefa Álvarez
Aparencia
(Redirección desde «Josefa Álvarez Rodríguez»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de febreiro de 1906 San Tomé, España |
Morte | 17 de setembro de 2017 (111 anos) O Carregal, España |
Actividade | |
Ocupación | labrega |
Josefa Álvarez Rodríguez, nada en San Tomé, na parroquia de Freás de Eiras (Ramirás) o 16 de febreiro de 1906 e finada no Carregal (Cartelle) o 17 de setembro de 2017, foi unha supercentenaria galega que durante un tempo foi a segunda persoa máis vella de Galicia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballou de labrega e, ao quedar orfa de nai cedo, levou a crianza dos seus nove irmáns e mais do pai, que quedara cego[1]. Finou con 111 anos e 215 días. Os seus últimos anos pasounos nunha residencia de anciáns, a da Nosa Señora do Mundil, en Cartelle.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Non casou.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gallego, Grupo El Correo. "Una abuela gallega cumple 110 años cantando y rodeada de gente" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2017. Consultado o 2018-01-02.