José Luis Martínez Sanjurjo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1977 ![]() Ordes, España ![]() |
![]() | |
2015 – ← Manuel Regos Boquete ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político, enxeñeiro forestal ![]() |
José Luis Martínez Sanjurjo, nado en Ordes en 1977, é un enxeñeiro e político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Enxeñeiro técnico forestal de profesión. Nas eleccións municipais de 2011 foi o cabeza de lista do Partido Popular á alcaldía de Ordes, mellorando de forma considerable os resultados, se ben volveu quedar por detrás de Unión por Ordes. Nas eleccións municipais de 2015 encabezou novamente a candidatura do PPdeG e logrou vencer a Unión por Ordes por tan só 7 votos, polo que foi elixido alcalde como cabeza da lista máis votada.[1] En xaneiro de 2017 dous edís populares marcharon ao grupo mixto e encabezaron Ciudadanos nas municipais de 2019.
Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía,[2] nesta ocasión con maioría absoluta, sen conseguir os seus excompañeiros de Ciudadanos representación. Nas municipais de 2023 revalidou novamente a alcaldía con maioría absoluta.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Predecesor: Manuel Regos Boquete |
![]() Alcalde de Ordes 2015 - actualidade |
Sucesor: no cargo |