IGL@
IGL@ ou locus lambda de inmunoglobulina (tamén chamado IGL[1] e IGLC6[2]) é unha rexión do cromosoma 22 humano que contén os xenes para a cadea lixeira lambda dos anticorpos (ou inmunoglobulinas).[3]
Función
[editar | editar a fonte]As inmunoglobulinas recoñecen antíxenos alleos e inician respostas inmunes como a fagocitose e o sistema de complemento. Cada molécula de inmnoglobulina consta de dúas cadeas pesadas idénticas e dúas cadeas lixeiras idénticas. Hai dúas clases de cadeas lixeiras, kappa e lambda. Esta rexión representa a organización da liña xerminal do locus da cadea lixeira lambda. O locus inclúe os segmentos V (variable), J (de acoplamento), e C (constante). Durante o desenvolvemento da célula B, un evento de recombinación no ADN únese a un só segmento V cun segmento J; o segmento C únese posteriormente por empalme no ARN. A recombinación de moitos segmentos V diferentes con varios segmentos J proporciona un amplo rango de recoñecemento de antíxenos. Obtense diversidade adicional pola diversidade de acoplamento, que se orixina pola adición aleatoria de nucleótidos pola desoxinucleotidiltransferase terminal, e pola hipermutación somática, que ocorre durante a maduración da célula B no bazo e ganglios linfáticos. Varios segmentos V e tres segmentos C son incapaces de codificar proteínas e son considerados pseudoxenes. O locus tamén inclúe varios xenes que non son de inmunoglobulinas, moitos dos cales son pseudoxenes ou son preditos por análise computacional automatizada ou por homoloxía con outras especies.[3]
Xenes
[editar | editar a fonte]O locus lambda de inmunoglobulina contén os seguintes xenes:
- IGLC@ – grupo constante
- IGLC1 – inmunoglobulina lambda constante 1 (marcador Mcg)
- IGLC2 – inmunoglobulina lambda constante 2 (marcador Kern-Oz-)
- IGLC3 – inmunoglobulina lambda constante 3 (marcador Kern-Oz+)
- IGLC7 – inmunoglobulina lambda constante 7
- IGLJ@ – grupo de unión
- IGLJn – inmunoglobulina lambda unión n
- IGLJ1, IGLJ2, IGLJ3, IGLJ6, IGLJ7
- IGLV@ – grupo variable
- IGLVm-n – inmunoglobulina lambda variable n-m
- IGLV1-36, IGLV1-40, IGLV1-44, IGLV1-47, IGLV1-51, IGLV1-62
- IGLV2-5, IGLV2-8, IGLV2-11, IGLV2-14, IGLV2-18, IGLV2-23
- IGLV3-1, IGLV3-10, IGLV3-12, IGLV3-16, IGLV3-19, IGLV3-21, IGLV3-25, IGLV3-27
- IGLV4-3, IGLV4-60, IGLV4-69
- IGLV5-37, IGLV5-39, IGLV5-45, IGLV5-52
- IGLV6-57
- IGLV7-43
- IGLV9-49
- IGLV10-54
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ HGNC IGL Arquivado 01 de abril de 2018 en Wayback Machine.
- ↑ GeneCards IGL
- ↑ 3,0 3,1 "Entrez Gene: IGL@ immunoglobulin lambda locus".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Taussig MJ (1988). "Molecular genetics of immunoglobulins.". Immunology. Supplement 1: 7–15. PMID 3133312.
- Combriato G, Klobeck HG (1991). "V lambda and J lambda-C lambda gene segments of the human immunoglobulin lambda light chain locus are separated by 14 kb and rearrange by a deletion mechanism.". Eur. J. Immunol. 21 (6): 1513–22. PMID 1904362. doi:10.1002/eji.1830210627.
- Vasicek TJ, Leder P (1990). "Structure and expression of the human immunoglobulin lambda genes.". J. Exp. Med. 172 (2): 609–20. PMC 2188323. PMID 2115572. doi:10.1084/jem.172.2.609.
- Emanuel BS, Cannizzaro LA, Magrath I, et al. (1985). "Chromosomal orientation of the lambda light chain locus: V lambda is proximal to C lambda in 22q11.". Nucleic Acids Res. 13 (2): 381–7. PMC 341002. PMID 3923432. doi:10.1093/nar/13.2.381.
- Hieter PA, Korsmeyer SJ, Waldmann TA, Leder P (1981). "Human immunoglobulin kappa light-chain genes are deleted or rearranged in lambda-producing B cells.". Nature 290 (5805): 368–72. PMID 6783958. doi:10.1038/290368a0.
- Erikson J, Martinis J, Croce CM (1982). "Assignment of the genes for human lambda immunoglobulin chains to chromosome 22.". Nature 294 (5837): 173–5. PMID 6795508. doi:10.1038/294173a0.
- McBride OW, Hieter PA, Hollis GF, et al. (1982). "Chromosomal location of human kappa and lambda immunoglobulin light chain constant region genes.". J. Exp. Med. 155 (5): 1480–90. PMC 2186665. PMID 6802926. doi:10.1084/jem.155.5.1480.
- Frippiat JP, Williams SC, Tomlinson IM, et al. (1995). "Organization of the human immunoglobulin lambda light-chain locus on chromosome 22q11.2.". Hum. Mol. Genet. 4 (6): 983–91. PMID 7655473. doi:10.1093/hmg/4.6.983.
- Williams SC, Frippiat JP, Tomlinson IM, et al. (1997). "Sequence and evolution of the human germline V lambda repertoire.". J. Mol. Biol. 264 (2): 220–32. PMID 8951372. doi:10.1006/jmbi.1996.0636.
- Kawasaki K, Minoshima S, Nakato E, et al. (1997). "One-megabase sequence analysis of the human immunoglobulin lambda gene locus.". Genome Res. 7 (3): 250–61. PMID 9074928. doi:10.1101/gr.7.3.250.
- Lefranc MP (2002). "Nomenclature of the human immunoglobulin lambda (IGL) genes.". Exp. Clin. Immunogenet. 18 (4): 242–54. PMID 11872955. doi:10.1159/000049203.
- Strausberg RL, Feingold EA, Grouse LH, et al. (2003). "Generation and initial analysis of more than 15,000 full-length human and mouse cDNA sequences.". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 99 (26): 16899–903. PMC 139241. PMID 12477932. doi:10.1073/pnas.242603899.
- Boursier L, Su W, Spencer J (2003). "Imprint of somatic hypermutation differs in human immunoglobulin heavy and lambda chain variable gene segments.". Mol. Immunol. 39 (16): 1025–34. PMID 12749909. doi:10.1016/S0161-5890(03)00033-6.
- Makino DL, Henschen-Edman AH, McPherson A (2006). "Four crystal forms of a Bence-Jones protein.". Acta Crystallogr. Sect. F Struct. Biol. Cryst. Commun. 61 (Pt 1): 79–82. PMC 1952397. PMID 16508097. doi:10.1107/S1744309104028532.
- Richl P, Stern U, Lipsky PE, Girschick HJ (2007). "The lambda gene immunoglobulin repertoire of human neonatal B cells.". Mol. Immunol. 45 (2): 320–7. PMID 17675156. doi:10.1016/j.molimm.2007.06.155.
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |