Saltar ao contido

IGFBP3

Este artigo foi actualizado por un experto externo baixo un modelo de publicación dobre. O correspondente artigo revisado por pares publicouse na revista Gene. Prema na ligazón para velo.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «IGFBP-3»)
IGFBP3
Estruturas dispoñibles
PDBBuscar ortólogos: PDBe, RCSB
Identificadores
Nomenclatura
SímbolosIGFBP3 (HGNC: 5472) BP-53, IBP3
Identificadores
externos
LocusCr. 7 p12.3
Padrón de expresión de ARNm
Máis información
Ortólogos
Especies
Humano Rato
Entrez
3486 16009
Ensembl
Véxase HS Véxase MM
UniProt
P17936 P47878
RefSeq
(ARNm)
NM_001013398 NM_008343
RefSeq
(proteína) NCBI
NP_000589 NP_032369
Localización (UCSC)
Cr. 7:
45.91 – 45.92 Mb
Cr. 11:
7.16 – 7.16 Mb
PubMed (Busca)
3486


16009

A proteína que se une ao factor de crecemento similar á insulina 3 (IGFBP-3 polas súas siglas en inglés de insulin-like growth factor-binding protein 3) é unha proteína que en humanos está codificada no xene IGFBP3 do cromosoma 7.

A IGFBP-3 é unha das seis proteínas que se une ao IGF (denominadas de IGFBP-1 a IGFBP-6) que teñen estruturas altamente conservadas e únense aos factores de crecemento similares á insulina IGF-1 e IGF-2 con alta afinidade. Ás veces inclúese nesta familia IGFBP-7, que non comparte nin as características estruturais nin a alta afinidade polo IGF. Ao contrario, IGFBP-7 únese a IGF1R, que bloquea a unión a IGF-1 e IGF-2, o que dá lugar a apoptose.[1]

A IGFBP-3 foi illada por primeira vez, caracterizada e cuantificada no plasma humano en 1986.[2][3] Ten funcións ben documentadas na circulación, no ambiente extracelular e dentro das células. É a principal proteína para o transporte do IGF na corrente sanguínea, onde transporta os factores de crecemento predominantemente en complexos estables que conteñen a proteína de unión, xunto con IGF-1 ou IGF-2 e unha terceira proteína chamada subunidade lábil aos ácidos ou ALS.

Para que os IGFs cheguen aos tecidos desde a corrente circulatoria, crese que os complexos circulantes se disocian parcialmente, o que posiblemente é potenciado pola limitada proteólise da IGFBP-3. A proporción IGF-1/IGFBP-3 foi utilizada ás veces como un índice da biodispoñibilidade de IGF na circulación humana, mais isto ignora o feito de que IGF-1 se une a outros IGFBPs (de modo que a proporción é afectada pola concentración dos seis IGFBPs existentes), e de que o IGF-2, que é tres veces máis abundante que o IGF-1 na circulación do adulto, ocupa a maioría dos sitios de unión do IGFBP-3 circulante.

Nos tecidos IGFBP-3 pode unirse ao IGF-1 e IGF-2 liberados por moitos tipos celulares e bloquear ao seu acceso ao receptor de IGF-1 (IGF1R), que é activado por ambos os IGFs. A IGFBP-3 tamén interacciona con proteínas da superficie celular, afectando á sinalización celular desde fóra da célula ou despois da súa internalización, e tamén entra no núcleo celular onde se une a receptores de hormonas nucleares e outros ligandos. Os altos niveis de IGFBP-3 observados en tumores asócianse cun incremento da gravidade do cancro (ou cun resultado peor) nalgúns cancros, pero cunha diminución da gravidade ou mellor resultado noutros. Non se informou de ningún caso de deleción do xene IGFBP3 en humanos, pero en ratos a falta deste xene produce un crecemento normal.

Estrutura do xene e a proteína

[editar | editar a fonte]

O xene IGFBP3 (ou IBP3), situado no cromosoma 7 humano, está organizado en catro exóns codificantes de proteína e un quinto exón adicional na rexión non traducida 3'.[4] Está situado a carón do xene IGFBP1 cunha orientación cola con cola, separados por 20 kb.[5] A proteína codificada comprende un péptido sinal de 27 residuos seguido da proteína madura de 264 residuos. A IGFBP-3 comparte coas outras cinco IGFBPs de alta afinidade unha estrutura de 3 dominios:[6]

  1. Un dominio N-terminal conservado que contén unha rexión rica en cisteína (12 residuos de cisteína) con múltiples pontes disulfuro intradominio, un motivo IGFBP (GCGCCXXC), o sitio primario de unión do IGF.
  2. Un dominio enlazador (linker) central moi variable (con só un 15 % de conservación entre IGFBPs).
  3. Un dominio C-terminal conservado que contén residuos para a unión co IGF secundarios, unha rexión rica en cisteína (6 residuos de cisteína), un motivo básico de 18 residuos que se une á heparina, a subunidade lábil aos ácidos (ALS) e unha secuencia de localización nuclear.

O dominio enlazador é o sitio onde se producen a maioría das modificacións postraducionais, como glicosilación, fosforilación e unha limitada proteólise. Por análise electroforética a IGFBP-3 aparece como un dobrete, debido á ocupación de dous ou tres dos seus sitios de N-glicosilación por carbohidratos. Pode atoparse a IGFBP-3 hipoglicosilada despois dunha duradeira carencia de glicosa.

Coñécense moitas proteases que cortan a IGFBP-3 nun só sitio do dominio enlazador, e na circulación sanguínea de mulleres preñadas a IGFBP-3 é completamente proteolizada, e aínda así ten a capacidade de transportar cantidades normais de IGF-1 e IGF-2. A capacidade de unión parece conservarse despois da proteólise debido a unha interacción cooperativa entre os dous fragmentos proteolizados, que xuntos manteñen un sitio de unión ao IGF activo.[7]

Sitios e regulación da produción

[editar | editar a fonte]

O ARNm da IGFBP-3 exprésase en todos os tecidos examinados, especialmente nos riles, estómago, placenta, útero e fígado e a máxima expresión resistrouse en tecidos de rata.[8] O ARNm de IGFBP-3 do fígado de rata atópase en células non parenquimáticas como as do endotelio sinusoidal, pero non en hepatocitos.[9] En contraste, os hepatocitos humanos si expresan IGFBP-3.[10]

Os niveis de IGFBP-3 no soro humano son, igual que os de IGF-1, dependentes da hormona de crecemento (GH); por exemplo, a IGFBP-3 sérica aumenta na acromegalia e diminúe nos nenos deficientes en GH. Porén, a expresión do xene IGFBP-3 no fígado humano é independente da GH.[3][11] Como se estabiliza no soro humano formando complexos con IGF-1 e ALS, que dependen ambos da GH, a IGFBP-3 sérica tamén parece estar regulada pola GH. A súa produción por algúns tecidos non hepáticos pode tamén estar directamente regulada pola GH. Adoitan utilizarse inmunoensaios para a IGFBP-3 sérica como parte da diagnose da deficiencia de GH na infancia.

O polimorfismo de IGFBP3 máis amplamente estudado, no nucleótido 202 na rexión promotora, está significativamente asociado cos niveis de IGFBP-3 circulantes, aínda que o mecanismo non está claro.[12] Nalgúns estudos a IGFBP-3 circulante tamén parece estar regulada nutricionalmente, aínda que isto pode non observarse a nivel de ARNm. A IGFBP-3 foi identificada na linfa humana, aspirados de embigo, leite, líquido amniótico, líquido folicular, plasma seminal, ouriños, dialisado peritoneal, líquido sinovial, bágos e líquido cefalorraquídeo, ademais de no soro sanguíneo.

Hai moitos factores que incrementan a produción de IGFBP-3 polas células, como o factor de crecemento transformante β (TGFβ), factor de necrose tumoral α, vitamina D, ácido retinoico, IGF-1 e estímulos como a quimioterapia que activan o supresor de tumores p53.[13] Os estróxenos inhiben a produción de IGFBP-3 e os seus niveis nos tecidos son menores nos cancros de mama positivos para o receptor de estróxenos que nos negativos para dito receptor.

Interaccións

[editar | editar a fonte]

Os principais ligandos da IGFBP-3 na circulación son IGF-1 e IGF-2, e a subinudade lábil aos ácidos (ALS).[14] As proteínas do soro transferrina,[15] fibronectina,[16] e plasminóxeno[17] tamén se unen á IGFBP-3. No ambiente das células e os tecidos describíronse moitas outras interaccións (ver táboa). Dúas proteínas non realacionadas coa superficie celular designáronse como receptores de IGFBP-3: proteína relacionada co receptor de lipoproteína de baixa densidade 1 (LRP1), tamén coñecida como receptor de alfa-2-macroglobulina ou receptor de TGFβ de tipo V[18] e a proteína transmembrana TMEM219.[19] Crese que ambas as dúas son mediadoras de efectos antiproliferativos. Tamén se informou de interaccións funcionais co receptor de EGF e o sistema de receptores de TGFβ de tipo I/tipo II, e outras proteínas da superficie celular como os proteoglicanos tamén se unen á IGFBP-3. A IGFBP-3 pode entrar nas células por endocitose mediada por clatrina ou por caveolina.[20] implicando posiblemente o receptor de transferrina.[21]

A IGFBP-3 entra no núcleo celular por un mecanismo que non se comprende completamente, pero no que se produce a súa unión á importina-β.[22] Dentro do núcleo, pode modular a actividade do receptor de hormonas nuclear ao unirse directamente ao receptor X retinoide, receptor de ácido retinoico,[23] receptor de vitamina D,[24] PPARγ,[25] e nur77.[26] A IGFBP-3 tamén interacciona coa proteína quinase dependente de ADN dentro do núcleo para promover a reparación de danos no ADN.[27]

Táboa: moléculas que se unen á IGFBP3

[editar | editar a fonte]

A IGFBP3 presenta interaccións con:

Accións celulares

[editar | editar a fonte]

A IGFBP-3 exerce efectos antiproliferativos en moitos tipos celulares ao bloquear a capacidade do IGF-1 e IGF-2 de activar o IGF1R (o cal estimula a proliferación celular). Por exemplo, nas células do epitelio do esófago, a sensibilidade á estimulación por IGF-1 é suprimida coa secreción de IGFBP-3 e recupérase cando a IGFBP-3 é regulada á baixa polo factor de crecemento epidérmico.[39] A IGFBP-3 pode tamén inhibir a función celular por mecanismos que son independentes dos efectos da sinalización de IGF1R, mesmo en células que carecen totalmente de IGF1R.[40] Os efectos independentes de IGF (ou de IGF1R) estúdanse habitualmente usando formas mutantes da IGFBP-3 que teñen unha menor afinidade de unión ao IGF. Así, a apoptose inducida por IGFBP-3 en células precursoras dos condrocitos en diferenciación obsérvase igualmente cun mutante de IGFBP-3 que non se une a IGF, o que demostra que o mecanismo non implica a unión de IGF.[41] A inhibición do crecemento independente de IGF1R feita por IGFBP-3 pode implicar a indución de proteínas proapoptóticas como Bax e Bad[42] e pode ser mediada por ceramidas (lípidos proapoptóticos),[43] ou potenciar a acción de ceramidas.[44] A interacción de IGFBP-3 con receptores de hormonas nucleares pode tamén orixinar a inhibición da proliferación celular.

Contrastando con efectos inhibidores do crecemento típicos da IGFBP-3, tamén se observou a estimulación da proliferación celular pola IGFBP-3. Isto pode ocorrer potenciando a proliferación estimulada por IGF[45] ou en ausencia de IGF-1. En células endoteliais e células do epitelio mamario, os efectos estimuladores da IGFBP-3 implican a activación do encima esfingosina quinase e a xeración do lípido bioactivo esfingosina-1-fosfato, o cal promove o crecemento ao transactivar o receptor EGFR.[43][46]

Papel no cancro

[editar | editar a fonte]

Baseándose en experimentos de crecemento celular, modelos de cancro animais e estudos epidemiolóxicos, parece que a IGFBP-3 funciona como un xene supresor de tumores de baixa penetrancia.[6]

A desregulación da IGFBP-3 foi implicada en moitos cancros.[47] A regulación á baixa da súa expresión en tecidos pola hipermetilación do promotor nalgúns cancros, como o hepatoma[48] e o cancro de pulmón de células non pequenas[49] poden asociarse cun mal resultado para o paciente. Porén, en concordcancia co papel dobre inhibidor e estimulador da IGFBP-3 observados en cultivos celulares, hai outros tipos de cancro, como o cancro de mama,[50][51] cancro de páncreas,[52] e o cancro de células renais de células claras[53] no cal unha alta expresión de IGFBP-3 no tecido foi ligada a características de prognóstico malo ou de mal resultado para o paciente. Os mecanismos que regulan estes efectos contraditorios da IGFBP-3 in vivo non se comprenden ben.

Como a IGFBP-3 é abundante na circulación sanguínea de adultos sans (tipicamente 2–4 mg/L) e é en gran medida estabilizada pola súa formación dun complexo co IGFs e ALS, é improbable que a IGFBP-3 derivada de tumores teña unha grande influencia nos niveis circulantes. Fixéronse moitos estudos que ligan os niveis circulantes de IGFBP-3 coa presenza ou risco de padecer varios cancros ou co resultado para o paciente,[47] pero a miúdo non se puideron sacar conclusións inequívocas. Por exemplo, niveis altos en plasma de IGFBP-3 estaban asociados cun risco prospectivo reducido de padecer cancro colorrectal en mulleres,[54] pero nun estudo que incluía homes e mulleres, o risco de cancro de colon foi asociado positivamente co IGFBP-3 do plasma, mentres que non había unha asociación significativa co cancro rectal.[55] Unha revisión sistemática grande concluíu que os niveis circulantes de IGFBP-3 mostrou unha asociación modesta cun incremento do risco de padecer varios cancros, pero os resultados varían co sitio.[56]

Os niveis de IGFBP-3 diminúen durante a progresión do cancro de próstata desde benigno a enfermidade metastática,[57] aínda que a produción de proteína non cesa completamente. A IGFBP-3 aínda a producen (a menor nivel) as células cancerosas prostáticas e segrégana ao ambiente que as rodea. Porén, en vez de produciren a proteína de lonxitude completa funcional, a IGFBP-3 está cortada.[58] Isto diminúe a afinidade do IGF para unirse ao IGFBP-3, facendo que sexa máis probable que os factores de crecemento se unan ao IGF1R, o que promove a supervivencia celular.

  1. Evdokimova V, Tognon CE, Benatar T, Yang W, Krutikov K, Pollak M, et al. (decembro de 2012). "IGFBP7 binds to the IGF-1 receptor and blocks its activation by insulin-like growth factors". Science Signaling 5 (255): ra92. PMID 23250396. doi:10.1126/scisignal.2003184. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Martin JL, Baxter RC (xullo de 1986). "Insulin-like growth factor-binding protein from human plasma. Purification and characterization". The Journal of Biological Chemistry 261 (19): 8754–8760. PMID 3722172. doi:10.1016/S0021-9258(19)84446-0. 
  3. 3,0 3,1 Baxter RC, Martin JL (decembro de 1986). "Radioimmunoassay of growth hormone-dependent insulinlike growth factor binding protein in human plasma". The Journal of Clinical Investigation 78 (6): 1504–1512. PMC 423906. PMID 2431001. doi:10.1172/jci112742. 
  4. Cubbage ML, Suwanichkul A, Powell DR (xullo de 1990). "Insulin-like growth factor binding protein-3. Organization of the human chromosomal gene and demonstration of promoter activity". The Journal of Biological Chemistry 265 (21): 12642–12649. PMID 1695633. doi:10.1016/S0021-9258(19)38392-9. 
  5. Ehrenborg E, Larsson C, Stern I, Janson M, Powell DR, Luthman H (marzo de 1992). "Contiguous localization of the genes encoding human insulin-like growth factor binding proteins 1 (IGBP1) and 3 (IGBP3) on chromosome 7". Genomics 12 (3): 497–502. PMID 1373120. doi:10.1016/0888-7543(92)90440-4. 
  6. 6,0 6,1 Jogie-Brahim S, Feldman D, Oh Y (agosto de 2009). "Unraveling insulin-like growth factor binding protein-3 actions in human disease". Endocrine Reviews 30 (5): 417–437. PMC 2819737. PMID 19477944. doi:10.1210/er.2008-0028. 
  7. Yan X, Payet LD, Baxter RC, Firth SM (novembro de 2009). "Activity of human pregnancy insulin-like growth factor binding protein-3: determination by reconstituting recombinant complexes". Endocrinology 150 (11): 4968–4976. PMID 19734278. doi:10.1210/en.2009-0090. 
  8. Albiston AL, Herington AC (xaneiro de 1992). "Tissue distribution and regulation of insulin-like growth factor (IGF)-binding protein-3 messenger ribonucleic acid (mRNA) in the rat: comparison with IGF-I mRNA expression". Endocrinology 130 (1): 497–502. PMID 1370153. doi:10.1210/endo.130.1.1370153. 
  9. Chin E, Zhou J, Dai J, Baxter RC, Bondy CA (xuño de 1994). "Cellular localization and regulation of gene expression for components of the insulin-like growth factor ternary binding protein complex". Endocrinology 134 (6): 2498–2504. PMID 7515002. doi:10.1210/endo.134.6.7515002. 
  10. Scharf JG, Schmidt-Sandte W, Pahernik SA, Koebe HG, Hartmann H (outubro de 1995). "Synthesis of insulin-like growth factor binding proteins and of the acid-labile subunit of the insulin-like growth factor ternary binding protein complex in primary cultures of human hepatocytes". Journal of Hepatology 23 (4): 424–430. PMID 8655960. doi:10.1016/0168-8278(95)80201-0. 
  11. Olivecrona H, Hilding A, Ekström C, Barle H, Nyberg B, Möller C, et al. (febreiro de 1999). "Acute and short-term effects of growth hormone on insulin-like growth factors and their binding proteins: serum levels and hepatic messenger ribonucleic acid responses in humans". The Journal of Clinical Endocrinology and Metabolism 84 (2): 553–560. PMID 10022415. doi:10.1210/JCEM.84.2.5466. 
  12. Deal C, Ma J, Wilkin F, Paquette J, Rozen F, Ge B, et al. (marzo de 2001). "Novel promoter polymorphism in insulin-like growth factor-binding protein-3: correlation with serum levels and interaction with known regulators". The Journal of Clinical Endocrinology and Metabolism 86 (3): 1274–1280. PMID 11238520. doi:10.1210/jcem.86.3.7280. 
  13. Buckbinder L, Talbott R, Velasco-Miguel S, Takenaka I, Faha B, Seizinger BR, Kley N (outubro de 1995). "Induction of the growth inhibitor IGF-binding protein 3 by p53". Nature 377 (6550): 646–649. Bibcode:1995Natur.377..646B. PMID 7566179. doi:10.1038/377646a0. 
  14. 14,0 14,1 Baxter RC, Martin JL, Beniac VA (xullo de 1989). "High molecular weight insulin-like growth factor binding protein complex. Purification and properties of the acid-labile subunit from human serum". The Journal of Biological Chemistry 264 (20): 11843–11848. PMID 2473065. doi:10.1016/S0021-9258(18)80143-0. 
  15. 15,0 15,1 Weinzimer SA, Gibson TB, Collett-Solberg PF, Khare A, Liu B, Cohen P (abril de 2001). "Transferrin is an insulin-like growth factor-binding protein-3 binding protein". The Journal of Clinical Endocrinology and Metabolism 86 (4): 1806–1813. PMID 11297622. doi:10.1210/jcem.86.4.7380. 
  16. 16,0 16,1 Gui Y, Murphy LJ (maio de 2001). "Insulin-like growth factor (IGF)-binding protein-3 (IGFBP-3) binds to fibronectin (FN): demonstration of IGF-I/IGFBP-3/fn ternary complexes in human plasma". The Journal of Clinical Endocrinology and Metabolism 86 (5): 2104–2110. PMID 11344214. doi:10.1210/jcem.86.5.7472. 
  17. 17,0 17,1 Campbell PG, Durham SK, Suwanichkul A, Hayes JD, Powell DR (agosto de 1998). "Plasminogen binds the heparin-binding domain of insulin-like growth factor-binding protein-3". The American Journal of Physiology 275 (2): E321–E331. PMID 9688635. doi:10.1152/ajpendo.1998.275.2.E321. 
  18. Huang SS, Ling TY, Tseng WF, Huang YH, Tang FM, Leal SM, Huang JS (novembro de 2003). "Cellular growth inhibition by IGFBP-3 and TGF-beta1 requires LRP-1". FASEB Journal 17 (14): 2068–2081. PMID 14597676. doi:10.1096/fj.03-0256com. 
  19. Ingermann AR, Yang YF, Han J, Mikami A, Garza AE, Mohanraj L, et al. (setembro de 2010). "Identification of a novel cell death receptor mediating IGFBP-3-induced anti-tumor effects in breast and prostate cancer". The Journal of Biological Chemistry 285 (39): 30233–30246. PMC 2943278. PMID 20353938. doi:10.1074/jbc.m110.122226. 
  20. Micutkova L, Hermann M, Offterdinger M, Hess MW, Matscheski A, Pircher H, et al. (abril de 2012). "Analysis of the cellular uptake and nuclear delivery of insulin-like growth factor binding protein-3 in human osteosarcoma cells". International Journal of Cancer 130 (7): 1544–1557. PMID 21520041. doi:10.1002/ijc.26149. 
  21. Lee KW, Liu B, Ma L, Li H, Bang P, Koeffler HP, Cohen P (xaneiro de 2004). "Cellular internalization of insulin-like growth factor binding protein-3: distinct endocytic pathways facilitate re-uptake and nuclear localization". The Journal of Biological Chemistry 279 (1): 469–476. PMID 14576164. doi:10.1074/jbc.m307316200. 
  22. 22,0 22,1 Schedlich LJ, Le Page SL, Firth SM, Briggs LJ, Jans DA, Baxter RC (agosto de 2000). "Nuclear import of insulin-like growth factor-binding protein-3 and -5 is mediated by the importin beta subunit". The Journal of Biological Chemistry 275 (31): 23462–23470. PMID 10811646. doi:10.1074/jbc.m002208200. 
  23. 23,0 23,1 Liu B, Lee HY, Weinzimer SA, Powell DR, Clifford JL, Kurie JM, Cohen P (outubro de 2000). "Direct functional interactions between insulin-like growth factor-binding protein-3 and retinoid X receptor-alpha regulate transcriptional signaling and apoptosis". The Journal of Biological Chemistry 275 (43): 33607–33613. PMID 10874028. doi:10.1074/jbc.m002547200. 
  24. Ikezoe T, Tanosaki S, Krug U, Liu B, Cohen P, Taguchi H, Koeffler HP (xullo de 2004). "Insulin-like growth factor binding protein-3 antagonizes the effects of retinoids in myeloid leukemia cells". Blood 104 (1): 237–242. PMID 15026318. doi:10.1182/blood-2003-07-2203. 
  25. Chan SS, Schedlich LJ, Twigg SM, Baxter RC (abril de 2009). "Inhibition of adipocyte differentiation by insulin-like growth factor-binding protein-3". American Journal of Physiology. Endocrinology and Metabolism 296 (4): E654–E663. PMID 19141684. doi:10.1152/ajpendo.90846.2008. 
  26. Lee KW, Cobb LJ, Paharkova-Vatchkova V, Liu B, Milbrandt J, Cohen P (agosto de 2007). "Contribution of the orphan nuclear receptor Nur77 to the apoptotic action of IGFBP-3". Carcinogenesis 28 (8): 1653–1658. PMID 17434920. doi:10.1093/carcin/bgm088. 
  27. 27,0 27,1 27,2 Lin MZ, Marzec KA, Martin JL, Baxter RC (xaneiro de 2014). "The role of insulin-like growth factor binding protein-3 in the breast cancer cell response to DNA-damaging agents". Oncogene 33 (1): 85–96. PMID 23178489. doi:10.1038/onc.2012.538. 
  28. Shi Z, Xu W, Loechel F, Wewer UM, Murphy LJ (xuño de 2000). "ADAM 12, a disintegrin metalloprotease, interacts with insulin-like growth factor-binding protein-3". The Journal of Biological Chemistry 275 (24): 18574–18580. PMID 10849447. doi:10.1074/jbc.M002172200. 
  29. Loechel F, Fox JW, Murphy G, Albrechtsen R, Wewer UM (novembro de 2000). "ADAM 12-S cleaves IGFBP-3 and IGFBP-5 and is inhibited by TIMP-3". Biochemical and Biophysical Research Communications 278 (3): 511–515. PMID 11095942. doi:10.1006/bbrc.2000.3835. 
  30. Mochizuki S, Shimoda M, Shiomi T, Fujii Y, Okada Y (febreiro de 2004). "ADAM28 is activated by MMP-7 (matrilysin-1) and cleaves insulin-like growth factor binding protein-3". Biochemical and Biophysical Research Communications 315 (1): 79–84. PMID 15013428. doi:10.1016/j.bbrc.2004.01.022. 
  31. Liu B, Weinzimer SA, Gibson TB, Mascarenhas D, Cohen P (2003). "Type Ialpha collagen is an IGFBP-3 binding protein". Growth Hormone & IGF Research 13 (2–3): 89–97. PMID 12735930. doi:10.1016/S1096-6374(03)00007-8. 
  32. Martin JA, Miller BA, Scherb MB, Lembke LA, Buckwalter JA (xullo de 2002). "Co-localization of insulin-like growth factor binding protein 3 and fibronectin in human articular cartilage". Osteoarthritis and Cartilage 10 (7): 556–563. PMID 12127836. doi:10.1053/joca.2002.0791. 
  33. 33,0 33,1 Buckway CK, Wilson EM, Ahlsén M, Bang P, Oh Y, Rosenfeld RG (outubro de 2001). "Mutation of three critical amino acids of the N-terminal domain of IGF-binding protein-3 essential for high affinity IGF binding". The Journal of Clinical Endocrinology and Metabolism 86 (10): 4943–4950. PMID 11600567. doi:10.1210/jcem.86.10.7936. 
  34. Cohen P, Graves HC, Peehl DM, Kamarei M, Giudice LC, Rosenfeld RG (outubro de 1992). "Prostate-specific antigen (PSA) is an insulin-like growth factor binding protein-3 protease found in seminal plasma". The Journal of Clinical Endocrinology and Metabolism 75 (4): 1046–1053. PMID 1383255. doi:10.1210/jcem.75.4.1383255. 
  35. Grkovic S, O'Reilly VC, Han S, Hong M, Baxter RC, Firth SM (maio de 2013). "IGFBP-3 binds GRP78, stimulates autophagy and promotes the survival of breast cancer cells exposed to adverse microenvironments". Oncogene 32 (19): 2412–2420. PMID 22751133. doi:10.1038/onc.2012.264. 
  36. Ikonen M, Liu B, Hashimoto Y, Ma L, Lee KW, Niikura T, et al. (outubro de 2003). "Interaction between the Alzheimer's survival peptide humanin and insulin-like growth factor-binding protein 3 regulates cell survival and apoptosis". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 100 (22): 13042–13047. Bibcode:2003PNAS..10013042I. PMC 240741. PMID 14561895. doi:10.1073/pnas.2135111100. 
  37. Storch S, Kübler B, Höning S, Ackmann M, Zapf J, Blum W, Braulke T (decembro de 2001). "Transferrin binds insulin-like growth factors and affects binding properties of insulin-like growth factor binding protein-3". FEBS Letters 509 (3): 395–398. PMID 11749962. doi:10.1016/S0014-5793(01)03204-5. 
  38. Gui Y, Murphy LJ (agosto de 2003). "Interaction of insulin-like growth factor binding protein-3 with latent transforming growth factor-beta binding protein-1". Molecular and Cellular Biochemistry 250 (1–2): 189–195. PMID 12962157. doi:10.1023/A:1024990409102. 
  39. Takaoka M, Smith CE, Mashiba MK, Okawa T, Andl CD, El-Deiry WS, Nakagawa H (febreiro de 2006). "EGF-mediated regulation of IGFBP-3 determines esophageal epithelial cellular response to IGF-I". American Journal of Physiology. Gastrointestinal and Liver Physiology 290 (2): G404–G416. PMC 2996094. PMID 16210470. doi:10.1152/ajpgi.00344.2005. 
  40. Valentinis B, Bhala A, DeAngelis T, Baserga R, Cohen P (marzo de 1995). "The human insulin-like growth factor (IGF) binding protein-3 inhibits the growth of fibroblasts with a targeted disruption of the IGF-I receptor gene". Molecular Endocrinology 9 (3): 361–367. PMID 7539889. doi:10.1210/mend.9.3.7539889. 
  41. Longobardi L, Torello M, Buckway C, O'Rear L, Horton WA, Hwa V, et al. (maio de 2003). "A novel insulin-like growth factor (IGF)-independent role for IGF binding protein-3 in mesenchymal chondroprogenitor cell apoptosis". Endocrinology 144 (5): 1695–1702. PMID 12697673. doi:10.1210/en.2002-220959. 
  42. Butt AJ, Firth SM, King MA, Baxter RC (decembro de 2000). "Insulin-like growth factor-binding protein-3 modulates expression of Bax and Bcl-2 and potentiates p53-independent radiation-induced apoptosis in human breast cancer cells". The Journal of Biological Chemistry 275 (50): 39174–39181. PMID 10998426. doi:10.1074/jbc.m908888199. 
  43. 43,0 43,1 Granata R, Trovato L, Garbarino G, Taliano M, Ponti R, Sala G, et al. (setembro de 2004). "Dual effects of IGFBP-3 on endothelial cell apoptosis and survival: involvement of the sphingolipid signaling pathways". FASEB Journal 18 (12): 1456–1458. PMID 15247143. doi:10.1096/fj.04-1618fje. 
  44. Gill ZP, Perks CM, Newcomb PV, Holly JM (outubro de 1997). "Insulin-like growth factor-binding protein (IGFBP-3) predisposes breast cancer cells to programmed cell death in a non-IGF-dependent manner". The Journal of Biological Chemistry 272 (41): 25602–25607. PMID 9325280. doi:10.1074/jbc.272.41.25602. 
  45. Conover CA, Clarkson JT, Bale LK (xuño de 1996). "Factors regulating insulin-like growth factor-binding protein-3 binding, processing, and potentiation of insulin-like growth factor action". Endocrinology 137 (6): 2286–2292. PMID 8641177. doi:10.1210/endo.137.6.8641177. 
  46. Martin JL, Lin MZ, McGowan EM, Baxter RC (setembro de 2009). "Potentiation of growth factor signaling by insulin-like growth factor-binding protein-3 in breast epithelial cells requires sphingosine kinase activity". The Journal of Biological Chemistry 284 (38): 25542–25552. PMC 2757955. PMID 19633297. doi:10.1074/jbc.m109.007120. 
  47. 47,0 47,1 Baxter RC (maio de 2014). "IGF binding proteins in cancer: mechanistic and clinical insights". Nature Reviews. Cancer 14 (5): 329–341. PMID 24722429. doi:10.1038/nrc3720. 
  48. Hanafusa T, Yumoto Y, Nouso K, Nakatsukasa H, Onishi T, Fujikawa T, et al. (febreiro de 2002). "Reduced expression of insulin-like growth factor binding protein-3 and its promoter hypermethylation in human hepatocellular carcinoma". Cancer Letters 176 (2): 149–158. PMID 11804742. doi:10.1016/s0304-3835(01)00736-4. 
  49. Chang YS, Wang L, Liu D, Mao L, Hong WK, Khuri FR, Lee HY (decembro de 2002). "Correlation between insulin-like growth factor-binding protein-3 promoter methylation and prognosis of patients with stage I non-small cell lung cancer". Clinical Cancer Research 8 (12): 3669–3675. PMID 12473575. 
  50. Yu H, Levesque MA, Khosravi MJ, Papanastasiou-Diamandi A, Clark GM, Diamandis EP (decembro de 1998). "Insulin-like growth factor-binding protein-3 and breast cancer survival". International Journal of Cancer 79 (6): 624–628. PMID 9842972. doi:10.1002/(sici)1097-0215(19981218)79:6<624::aid-ijc12>3.0.co;2-9. 
  51. Sheen-Chen SM, Zhang H, Huang CC, Tang RP (abril de 2009). "Insulin-like growth factor-binding protein-3 in breast cancer: analysis with tissue microarray". Anticancer Research 29 (4): 1131–1135. PMID 19414355. 
  52. Xue A, Scarlett CJ, Jackson CJ, Allen BJ, Smith RC (marzo de 2008). "Prognostic significance of growth factors and the urokinase-type plasminogen activator system in pancreatic ductal adenocarcinoma". Pancreas 36 (2): 160–167. PMID 18376307. doi:10.1097/mpa.0b013e31815750f0. 
  53. Takahashi M, Papavero V, Yuhas J, Kort E, Kanayama HO, Kagawa S, et al. (abril 2005). "Altered expression of members of the IGF-axis in clear cell renal cell carcinoma". International Journal of Oncology 26 (4): 923–931. PMID 15753986. doi:10.3892/ijo.26.4.923. 
  54. Giovannucci E, Pollak MN, Platz EA, Willett WC, Stampfer MJ, Majeed N, et al. (abril de 2000). "A prospective study of plasma insulin-like growth factor-1 and binding protein-3 and risk of colorectal neoplasia in women". Cancer Epidemiology, Biomarkers & Prevention 9 (4): 345–349. PMID 10794477. 
  55. Palmqvist R, Hallmans G, Rinaldi S, Biessy C, Stenling R, Riboli E, Kaaks R (maio de 2002). "Plasma insulin-like growth factor 1, insulin-like growth factor binding protein 3, and risk of colorectal cancer: a prospective study in northern Sweden". Gut 50 (5): 642–646. PMC 1773192. PMID 11950809. doi:10.1136/gut.50.5.642. 
  56. Renehan AG, Zwahlen M, Minder C, O'Dwyer ST, Shalet SM, Egger M (abril de 2004). "Insulin-like growth factor (IGF)-I, IGF binding protein-3, and cancer risk: systematic review and meta-regression analysis". Lancet 363 (9418): 1346–1353. PMID 15110491. doi:10.1016/s0140-6736(04)16044-3. 
  57. Miyake H, Pollak M, Gleave ME (xuño de 2000). "Castration-induced up-regulation of insulin-like growth factor binding protein-5 potentiates insulin-like growth factor-I activity and accelerates progression to androgen independence in prostate cancer models". Cancer Research 60 (11): 3058–3064. PMID 10850457.  Para a IGFBP-3 refírese a Figueroa JA, De Raad S, Tadlock L, Speights VO, Rinehart JJ (abril de 1998). "Differential expression of insulin-like growth factor binding proteins in high versus low Gleason score prostate cancer". The Journal of Urology 159 (4): 1379–1383. PMID 9507888. doi:10.1016/S0022-5347(01)63620-6. 
  58. Birnbaum RS, Ware JL, Plymate SR (xuño de 1994). "Insulin-like growth factor-binding protein-3 expression and secretion by cultures of human prostate epithelial cells and stromal fibroblasts". The Journal of Endocrinology 141 (3): 535–540. PMID 7520932. doi:10.1677/joe.0.1410535. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Rajaram S, Baylink DJ, Mohan S (decembro de 1997). "Insulin-like growth factor-binding proteins in serum and other biological fluids: regulation and functions". Endocrine Reviews 18 (6): 801–831. PMID 9408744. doi:10.1210/edrv.18.6.0321. 
  • Ferry RJ, Cerri RW, Cohen P (1999). "Insulin-like growth factor binding proteins: new proteins, new functions". Hormone Research 51 (2): 53–67. PMID 10352394. doi:10.1159/000023315. 
  • Schedlich LJ, Graham LD (outubro de 2002). "Role of insulin-like growth factor binding protein-3 in breast cancer cell growth". Microscopy Research and Technique 59 (1): 12–22. PMID 12242693. doi:10.1002/jemt.10173.