Saltar ao contido

Instituto Galego de Estudos de Segurança Internacional e da Paz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «IGESIP»)
Instituto Galego de Estudos de Segurança Internacional e da Paz
Tipoasociación
Data de fundaciónmarzo de 2005
SedeRianxo
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

O Instituto Galego de Estudos de Segurança Internacional e da Paz (IGESIP) é unha asociación fundada en marzo de 2005 e con sede en Rianxo que pretende examinar problemas relacionados coa seguranza internacional e a paz de forma holística e multidisciplinar. Está inscrito como Axente de Cooperación para o Desenvolvemento. Forman parte do Instituto persoas de ámbitos científicos e profesionais diferentes, como o Xornalismo, a Matemática, a Física, a Lingüística, a Antropoloxía, a Psicoloxía, o Dereito, a Diplomacia, a Política, a Economía ou a Historia, entre outros.

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Ensaios sobre paz e conflitos

[editar | editar a fonte]
  • Contributos para a compreensão. Evans Pim, Joám; Crespo Argibay, Óscar, Eds. (2005). 215 páxs. ISBN 84-689-5984-7.
  • Paz e segurança para o século XXI. Evans Pim, Joám; Crespo Argibay, Óscar; Kristensen, Bárbara, Eds. (2006). 259 páxs. ISBN 84-689-9071-X.
  • Entender os conflitos para alcançar a paz. Evans Pim, Joám; Crespo Argibay, Óscar, Kristensen, Bárbara, Eds. (2006). 247 páxs. ISBN 84-689-9069-8.
  • De imagens de guerra a guerra de imagens. Suárez Canal, Xosé Luis; Evans Pim, Joám, Eds. (2006). 185 páxs. ISBN 84-689-9070-1.
  • Para a paz perpetua. (Immanuel Kant). Tradución ao galego de G. Uz e J. Beiroa; edición de J. Evans e B. Kristensen (2006). 116 páxs. ISBN 84-690-0278-3.

Estudos internacionais

[editar | editar a fonte]

Estudos da paz

[editar | editar a fonte]

Serie atlántica

[editar | editar a fonte]
  • Essays on Atlantic Studies. Rediscovering the Atlantic Maze. Evans Pim, Joám; Crespo Argibay, Óscar; Kristensen, Bárbara, Eds. (2006). 296 páxs. ISBN 84-690-0272-4.
  • Estudos Atlânticos. Novos rumos para uma matriz multidisciplinar. 306 páxs. ISBN 84-690-0273-2.

Outras publicacións

[editar | editar a fonte]
  • Pesquisa para o entendimento global. Evans Pim, Joám; Crespo Argibay, Óscar (2005). 111 páxs. ISBN 84-689-5976-6.
  • Asteriskos. Revista de Estudos Internacionais e da Paz. Evans, Joám [Dir. exec.]; Crespo, Óscar [Dir. assoc.]; Kristensen, Bárbara [Secr.] (2006).
    • Actualmente editados de forma conxunta os números 1 e 2. 280 páxs. ISSN 1886-5860.
  • I Simposio de Outono sobre Resolução Pacífica de Conflitos. Foi a estrea do Igesip na escena pública. Celebrouse o 5 de decembro de 2005, na vila galega de Rianxo. O simposio foi unha aproximación a diversas teorías sobre o ámbito da resolución pacífica de conflitos.
  • Congresso Luso-Galego de Estudos de Segurança Internacional e da Paz. Inaugurado pola cónsul de Portugal en España, Maria Almeida, celebrouse[1] en Rianxo do 10 ao 12 de marzo de 2006.
  • I Congresso Internacional de Estudos Atlânticos. Este evento celebrouse[2] tamén en Rianxo os días 5, 6 e 7 de outubro de 2006.
  • II Simposio de Outono sobre Paz e Conflitos, en Rianxo en decembro de 2006.
  • II Congresso Luso-Galego de Estudos de Segurança Internacional e da Paz, en Braga en maio de 2007.
  • I Encontro Galego do Terceiro Ciclo, en Santiago de Compostela, en outubro de 2007.