Saltar ao contido

Estreito de Magalláns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Estreito de Magallanes»)
Modelo:Xeografía físicaEstreito de Magalláns
Imaxe
Tipoestreito Editar o valor en Wikidata
EpónimoFernando de Magalhães Editar o valor en Wikidata
Descubridor ou inventorFernando de Magalhães Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaRexión de Magallanes e da Antártica Chilena Editar o valor en Wikidata
Mapa
 54°S 71°O / -54, -71
Afluentes
Características
Profundidade1.080 m Editar o valor en Wikidata
Imaxe de satélite do estreito.
Localización do estreito.
Mapa do sur de Chile e a Arxentina.

O estreito de Magalláns[1][2] ou estreito de Magallanes[3] é un paso marítimo localizado no extremo sur de Suramérica, entre a Patagonia, Illa Grande da Terra do Fogo e varias illas situadas ao oeste desta, cara ao océano Pacífico.

É o principal paso natural entre os océanos Pacífico e Atlántico.

De acordo coa Organización Hidrográfica Internacional, a súa boca oriental está determinada pola liña que une o cabo Vírgenes co cabo do Espírito Santo.[4]

Porén, este límite non foi aceptado nin pola Arxentina nin por Chile, que asinaron o Tratado de paz e amizade entre a Arxentina e Chile, que estableceu no seu artigo 10º que «o extremo oriental do Estreito de Magalláns [está] determinado por Punta Dungeness no norte e o Cabo do Espírito Santo no sur»,[5] considerándoo integramente dentro da xurisdición de Chile, na Rexión de Magallanes e da Antártica Chilena.

De acordo con tratados arxentino-chilenos de 1881 e 1984, o acceso pola súa boca oriental e a navegación polo mesmo encóntranse asegurados aos buques de todas as bandeiras en todo tempo e circunstancia.

O estreito leva o nome de Fernão de Magalhães, navegante portugués coñecido porque, ao servizo do rei de España, baixo o nome de Fernando de Magallanes, foi o primeiro en cruzar este estreito, así como tamén o primeiro europeo en navegar por augas do océano Pacífico. A súa expedición, posteriormente mandada por Juan Sebastián Elcano, completou en 1522 a primeira viaxe de circunnavegación ao redor da Terra.

  1. "Magalláns, estreito de". Diciopedia do século 21 2. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1275. 
  2. Atlas de Edicións do Cumio.
  3. EGU e DEGU.
  4. "Limits of ocean and seas" (PDF). Special publications (3° ed.). 1953. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xuño de 2015. Consultado o 01 de febreiro de 2016. 
  5. Tratado de Paz y Amistad entre Argentina y Chile de 1984.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.