Cerámica de Sargadelos
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde decembro de 2017) |
Suxeriuse que "Grupo Sargadelos" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2020.) |
A cerámica de Sargadelos é unha famosa cerámica galega elaborada en Sargadelos, no municipio de Cervo. A primeira fábrica foi creada a principios do século XIX por Antonio Raimundo Ibáñez e que tras varias xeracións acabou pechando en 1875. A partir de mediados do século XX Sargadelos forma parte dun grupo de empresas do sector, o grupo Sargadelos —ao que pertence igualmente a cerámica de Castro-Sada— grazas ao impulso do ceramista Isaac Díaz Pardo, baseada en coloracións en tons azuis. O museo de Pontevedra conta cunha sala cunha gran colección desta cerámica.
Resumo histórico
[editar | editar a fonte]Antonio Raimundo Ibáñez, notable enciclopedista de familia fidalga de escasos recursos, dedicado desde moi novo a negocios de importación e exportación, introduciu innovacións tecnolóxicas para as súas fábricas. Asentado en Ribadeo, iniciou unha industria siderúrxica, e no ano 1806 creou conxuntamente unha manufactura de cerámica que estivo nos seus primeiros tempos dedicada á fabricación de louza fina para vaixelas con estampaxe e influída da louza inglesa, naquel tempo moi valorada. En 1808, tras o éxito da inauguración da fábrica de cerámica, Carlos IV condecorouno coa cruz da Orde de Carlos III, outorgándolle os títulos de marqués de Sargadelos e conde de Orbaiceta.
Como consecuencia da guerra da Independencia e os seus sucesos revolucionarios, Antonio Raimundo Ibáñez foi asasinado o ano 1808, sucedéndolle no cargo da fábrica o seu cuñado Francisco Acevedo, quen contratou para a dirección da mesma ao portugués Antonio Correa de Saa.
A partir desta nova dirección a fábrica produciu un tipo de cerámica decorada con filetes en vermello e azul e escudos en ouro. Correa decidiu en 1829 montar a súa propia fábrica polo que a dirección de Sargadelos recaeu nesa data en Hilario Marcos. As vaixelas dese tempo eran realizadas en branco, sen ser posible a competencia coas pezas inglesas, desexo do seu fundador. Ao pasar a propiedade da fábrica a José Ibáñez pola morte do seu pai en 1832, formouse unha sociedade co sevillano Antonio de Tapia co fin de emprender de novo «a fabricación de louza fina», contratándose como director ao inglés Richard, cargo que exerceu ata 1842. Durante este tempo morreu prematuramente Xosé Ibáñez e a súa viúva debeu poñerse á fronte xa que o seu fillo era menor; debido á débil situación económica da empresa tivo que arrendala en 1845.
A fábrica de cerámica pasou por catro etapas, cada unha coas súas características, pechándose definitivamente en 1875. No último terzo do século XX rexurdiu a manufactura de cerámica en Sargadelos, ocupando edificios novos e respectando as ruínas antigas como conxunto Histórico–Artístico, nomeamento que lle foi dado en 1972.
Comezos
[editar | editar a fonte]Ibáñez contou en primeiro lugar coa materia prima necesaria que se atopaba ademais moi próxima: arxilas, caolines, leña, cursos de auga. Tiña ademais moi próximo o porto de San Cibrao para enviar desde alí os produtos a lugares afastados, imitando así a iniciativa inglesa.
A creación da fábrica de cerámica en 1806 supuxo un novo sistema de producir, introducindo o proceso mecánico que viría substituír a peza feita a man, co que se tentaba ademais abaratar os prezos. O director contaba con sona de afrancesado e o 2 de febreiro de 1809, baixo o mando de cregos e fidalgos da zona os veciños amotináronse contra a industria, destruíndo as instalacións e ocasionando varios mortos. A pintura a man foi substituída igualmente polo moderno sistema de estampaxe, importado de Bristol (Inglaterra). Os obxectos fixéronse en louza fina, un produto intermedio entre a louza e a porcelana, un material duro e lixeiro á vez, de paredes delgadas con cocción entre 1.100 °C e 1.200 °C. Trá-la cocción a cor resulta branco e é entón cando se lle aplica un verniz de chumbo. Este sistema diferénciase da louza en que no canto de engadir area á pasta engádese sílice, feldespato, caolín e calcio, obtendo resultados diferentes segundo as cantidades engadidas. Sobre esta pasta superponse o estampado cuxa técnica perfeccionaran en 1761 John Sadler e Guy Green, na fábrica de Liverpool.
Primeira época (1806-1832)
[editar | editar a fonte]En 1806 Antonio Raimundo Ibáñez conseguiu do Goberno un privilexio exclusivo para a explotación das minas de cuarzo descubertas ata a data e para as que estivesen aínda sen descubrir. Deste xeito tivo asegurada a materia prima para a fábrica de louza, que comezara a súa andaina ese mesmo ano, paralela á xa existente de fundición. O complexo fabril constaba de dous patios, varios fornos, oficinas, máquinas para romper as rocas e un muíño para os vernices.
O primeiro director, Juan Antonio Pérez estivo á fronte da fábrica un ano. Despois, en 1807, substituíulle o portugués José Antonio Correa de Saa, coa experiencia de dirixir a fábrica de Vale da Piedade. Correa de Saa mantívose á fronte ata 1829; neste ano pasou a ser o director Hilario Marco cuxa xestión durou ata 1832, cando foi necesario pechar a empresa.
En 1809 morrera Antonio Raimundo Ibáñez e a dirección administrativa pasara ao seu cuñado Francisco Azevedo. Foron anos difíciles e de apuros económicos, cun almacén de pezas sen vender, aínda que houbo un certo movemento grazas aos encargos recibidos desde A Coruña, Ferrol, as Rías Baixas, Biscaia e Castela. Nesta época aínda non se estampaba a coroa real nas marcas, aínda que a fábrica se empeza a chamar Real Fábrica. Crese que o título o autorizou Fernando VII desde o exilio. A Francisco Azevedo substituíulle en 1832 o fillo do fundador José Ibáñez que se viu obrigado a pechar, dadas as circunstancias.
As pezas e a súa elaboración
[editar | editar a fonte]O proceso de fabricación foi de louza común, algo máis fina para as vaixelas en branco cunha lixeira tinguidura azulada e un cuarteado característico que é o resultado da diferenza entre o punto de cocción da pasta e o esmalte. Para a forma utilizáronse moldes de xeso. Unha das pezas máis características foi o floreiro de dedos, sendo tamén moi apreciados os outros floreiros de peces e árbores cuxos exemplares sobreviventes atópanse en coleccións particulares de Galicia e nos museos da Coruña, Lugo e Pontevedra. Tamén se fabricou o vaso de xardín con pedestal inspirado na cerámica da fábrica de Wedgwood así como as xerras de peregrino. Os botes de farmacia estaban decorados con relevos e tiñan un pequeno estreitamento no centro. Tamén corresponde a esta época o relevo que representa a defensa do parque de Monleón en Madrid, que o propio Ibáñez dedicou a Fernando VII e que se conserva no Museo Arqueolóxico Nacional, así como a serie do Apostolado, mais os relevos que representan heroes da Independencia e bustos de homes famosos da Antigüidade que adornan o pazo de Antonio Raimundo Ibáñez.
Segunda época
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Terceira época
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Cuarta época
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Quinta época
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cerámica de Sargadelos |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Cerámica azul e branca
- Grupo Sargadelos
- Laboratorio de Formas
- Museo de Belas Artes da Coruña
- Os renovadores