Avea bouba
Avea bouba | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Avea louca | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Avena fatua' L. |
A avea bouba, avea louca ou balloca (normalmente Avena fatua) é unha gramínea do xénero Avena. O termo bouba ou louca fai referencia a que é brava e non comestíbel e para a diferenciar da avea común, a especie cultivada como cereal. O nome podería comprender tres especies emparentadas. Estas plantas considéranse malas herbas nos campos e leiras de cereais.
Especies
[editar | editar a fonte]Descíbense tres entidades taxonómicas:
- Avena fatua (Avea bouba común);
- Avena sterilis sbsp sterilis (Avea bouba de inverno);
- Avena sterilis sbsp ludoviciana (Avea bouba de inverno).
Distribución
[editar | editar a fonte]Xeral en toda Europa onde se cultiven cereais, espallouse involuntariamente pola man do home ao sementar con grans de cereais apañados en campos ateigados de avea bouba. No noso territorio atópase entre o nivel do mar até os 1.400 m, a mesma zona de cultivo dos cereais. Hai moitas outras especies de aveas bravas que medran en leiras ermas e beirís dos camiños no canto de crecer en campos de cereais.
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha planta herbácea anual, de 50 a 120 cm de altura, con follas en forma de fitas, formando inflorescencias a xeito de panícula que rematan desprendéndose enteiras ao maduraren, característica que a diferenza da avea común, especie moi semellante e na que cada semente se solta individualmente. Os nomes científicos de fatua sterilis e ludoviciana (tola ou louca) refírese ao feito de que semellan carecer de gran (en realidade caen axiña da espiga).
Ciclo vexetativo
[editar | editar a fonte]Coincide co ciclo dos cereais cultivados, xermola no outono e a semente madura a comezos do verán. A simple vista non é doado a distinguir doutros cereais e só cando xa está espigada salienta por superar a altura dos outros cereais, agás no caso da avea común, xa que florece en panículas e non en espiga como fan o trigo, o orxo e o centeo. Unha característica remarcábel das súas sementes é que teñen certo movemento activado polas diferenzas na humidade que permite que a semente poida se soterrar practicamente soa no chan. É unha planta que require coutadas moi amplas. Non é especialmente nitrófila nin termófila.
Control
[editar | editar a fonte]Non é doado o control xa que se trata de combater un cereal nunha leira de tamén cereais. A primeira medida é tratar que o gran do cereal a sementar non inclúa sementes de avea louca. No mercado hai herbicidas específicos que só serven para o control desta mala herba; malia seren caros, son moi efectivos.