Amazon
Amazon.com, Inc. | |
---|---|
Sede de Amazon en Seattle. | |
Tipo | Pública |
Fundación | 5 de xullo de 1994 |
Localización | Seattle, Estados Unidos |
Persoas clave | Jeff Bezos (Presidente e CEO) Werner Vogels (CTO) |
Industria | Comercio electrónico, servizos de computación na nube |
Número de empregados | 566 000 (2017) |
Na rede | |
https://www.amazon.it/, https://www.amazon.co.uk/, https://www.amazon.es/, https://www.amazon.in/, https://www.amazon.fr/, https://www.amazon.ca/, https://www.amazon.nl/, https://www.amazon.com.tr/, https://www.amazon.co.jp/, https://www.amazon.de/, https://www.amazon.com.au/, https://www.amazon.com.br/, https://www.amazon.sa/, https://www.amazon.com/ e https://www.amazon.com.mx/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Amazon.com, Inc., cuxo nome comercial é Amazon, é unha compañía estadounidense de comercio electrónico e servizos de computación na nube, establecida en Seattle, Washington. Foi unha das primeiras grandes compañías en vender bens a través de Internet. É tamén propietaria de Alexa Internet, a9.com, Shopbop, Internet Movie Database (IMDb), Zappos.com, DPreview.com e Twitch.
Jeff Bezos fundouna en 1994, pero non estivo operativa ata 1995. Primeiro especializouse na venda de libros e máis tarde diversificou as súas liñas de negocio, engadindo DVD, CD, software, videoxogos, alimentos, xoguetes e máis. É a marca de venda polo miúdo máis valiosa do mundo segundo o índice BrandZ.
Conta con almacéns nos Estados Unidos de América, o Canadá, Irlanda, o Reino Unido, Francia, Alemaña, o Xapón e a China.