Edirne
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Turquía | ||||
Provincia | Provincia de Edirne | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 180.327 (2018) | ||||
Xeografía | |||||
Altitude | 42 m | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | século II | ||||
Evento clave
| |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 22 000 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 284 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | edirne.bel.tr | ||||
Edirne (nome romano: Adrianopolis; grego: Adrianoupolis ou Ἁδριανούπολις) (tamén coñecida como Andrinopla ou Adrianópole, é unha cidade histórica, capital da provincia turca do mesmo nome, limítrofe con Bulgaria e Grecia. A cidade ten ao redor de cen mil habitantes. Está á beira do río Maritza (Meriç en turco). Os seus habitantes son os adrianopolitanos.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi fundada no ano 125 polo emperador romano Hadriano (de onde provén o seu nome romano Adrianópole) sobre o lugar dunha aglomeración máis antiga denominada Orestias. A cidade foi sede dun antigo bispado.
Houbo moitas batallas en Adrianópole:
- nunha, Constantino derrotou a Licinio, en 323.
- noutra, a famosa batalla de Adrianópole de 378 onde o exército romano foi comandada polo emperador Valente contra tribos xermánicos, principalmente os visigodos (Godos Tervingos) e os Ostrogodos (Godos Greutungos), dirixidos por Fritixerno.
- o 14 de abril de 1205, foi escenario doutra batalla histórica entre os búlgaros e o exército do emperador latino de Constantinopla Balduíno de Flandres, que aquí foi encadeado. Geoffroi de Villehardouin, senescal de Champaña e cronista da 4ª cruzada, aquí mostra as súas dotes de estratego salvando ao exército cruzado da derrota.
Tanto a antiga Adrianópole coma a posterior Edirne, por causa da súa situación de punto de paso, troca progresivamente de poboadores: godos, búlgaros, cruzados e otománs. Estes últimos fixérona, con Murad I, a súa capital en 1361. Adrianópole mantense coma capital otomá ata a toma de Constantinopla en 1453, a onde os otománs trasladan a súa capital.
É nesta vila onde Sabbataï Tsevi foi detido e xulgado polo Sultán Mehmed IV en setembro de 1666. Para evitar unha certa condena a morte, profesa o islamismo, un acontecemento que marca o comezo do movemento dos sabateos.
Os rusos e os turcos asinaron en Edirne en 1829 un tratado polo que os turcos cedían a Rusia a desembocadura do Danubio, aprobaron a libre navegación no mar Negro, recoñeceron a independencia dos gregos e o status de Valaquia, de Moldova e de Serbia.
O fundador do Bahaísmo, Mirza Husayn Ali Nuri viviu catro anos en Edirne entre 1864 e 1868. A casa que habitou (coñecida baixo o nome de Beyaz Ev, literalmente: a casa branca) é un alto lugar de peregrinación bahaí.
Foi escenario dunha célebre batalla durante a guerra ruso-turca de 1877-1878, que culmina co tratado de San Stefano.
Despois da primeira guerra dos Balcáns (outubro 1912-maio 1913), Edirne pasou a ser posesión búlgara, mais despois da segunda guerra dos Balcáns (xuño-xullo de 1913), volve a ser turca.
En 1918, Turquía atópase no lado dos vencidos da Primeira Guerra mundial. O tratado de Sèvres (agosto de 1920) cede Edirne - renomeada Adrianópole - a Grecia, despois Adrianópole - renomeada Edirne – foi reincorporada a Turquía polo Tratado de Lausanne en xullo de 1923.
Monumentos
[editar | editar a fonte]- A mesquita de Selim (Selimiye Camii) foi construída polo arquitecto Mimar Sinan durante máis de 80 anos entre 1568 e 1574 baixo o reinado do Sultán otomán Selim II. Co obxectivo de superar o desafío que posuía a cúpula de Santa Sofía en Istambul: facendo unha cúpula aínda máis grande. De feito a súa cúpula mide dous metros máis de diámetro, mais Santa Sofía foi realizada cun milenio de antelación. Aínda así esta mesquita é unha das sobranceiras obras da arte otomá.
- A Mesquita dos tres balcóns (Üç Şerefeli Cami) construída entre 1443 et 1447 baixo o reinado de Murad II. A súa planta é similar ás que Sina toman as súas propias construcións.
- A Antiga Mesquita (Eski Cami) que é un dos máis antigos monumentos otománs da cidade, comezada baixo Suleiman (irmán e rival de Mehmed I Çelebi) en 1403 e rematada por Mehmed I en 1414. Sobre os seus muros a caligrafía proclama en árabe « Alá é grande » e « Mafomede é o seu profeta ».
- A Mesquita de Murad (Muradiye Camii) construída durante o reinado de Murad II (1421-1451).
- A Mesquita de Bayezid I (Yıldırım Bayezid Camii). É unha igrexa bizantina sobre unha planta cruciforme transformada en mesquita en 1400. Así pois o eixo do edificio non corresponde coa dirección da Meca.
- O Complexo de Bayezid II (Bayezit Külliyesi) é un conxunto arquitectónico que comprende unha mesquita, unha escola de teoloxía (madrasa), unha escola de medicina, un hospital psiquiátrico (darüşşifa), un albergue para peregrinos (imaret), un baño (hamam), e unhas cociñas. O psiquiátrico é un avance con respecto ao correspondente no occidente cristián.
- Unha Grande Sinagoga, copia da de Viena e construída entre 1903 e 1907, foi a máis grande sinagoga dos Balcáns.
- A Igrexa búlgara de San Xurxo.
- Varios museos.
O “vermello” de Adrianópole
[editar | editar a fonte]No dominio da cor e dos tinxidos existe un vermello denominado como vermello de Adrianópole.
Está composto dun cromado de chumbo e dun óxido de chumbo: un pigmento tóxico que está en vías de eliminación. A súa composición actual é exactamente a mesma que a versión do xa extinguido amarelo de cromado laranxa. De feito o termo “vermello de Adrianópole” corresponde a unha antiga lagoa lingüística, xa que hoxe en día sería clasificado entre os laranxas, e contén eosina.
Consta cun proceso de fabricación que foi un grande segredo comercial dende a Idade Media. Gorduras rancias, aceite, ouriños e excrementos, sangues animais: a fabricación era, en consecuencia, insalubre. Esta cor utilizábase principalmente en tinxidos.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- (en francés) Páxina de información de Turquía
- Lugar oficial do concello de Edirne
- Lugar oficial da provincia de Edirne
- Kirkpinar
- Ve-la ficha no lugar Pourpre.com Arquivado 26 de xuño de 2010 en Wayback Machine.
- Fotos de webshots.com
- Edirne Sinagoga