Agusta
Aparencia
Agusta | |
---|---|
Tipo | privada |
Fundación | 1923 |
Localización | Samarate |
Fundador | Giovanni Agusta |
Na rede | |
https://www.leonardo.com/it/home | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Agusta foi un fabricante de helicópteros italiano. Estaba baseada en Samarate, na provincia de Varese. A compañía fundouna o conde Giovanni Agusta en 1923, que voara o seu primeiro avión en 1907. O fabricante de motocicletas MV Agusta naceu como filial da compañía de aviación ao final da segunda guerra mundial como xeito de salvar os traballos dos empregados de Agusta.
En xullo de 2000 Agusta fusionouse con Westland Helicopters para formar AgustaWestland S.p.A., unha compañía multinacional de deseño e fabricación de helicópteros pertencente na súa totalidade a Finmeccanica.[1]
Produtos
Aeronaves
- A.101 - prototipo de helicóptero de transporte
- A.103 - prototipo de helicóptero lixeiro monopraza
- A.104 Helicar - prototipo de helicóptero lixeiro
- A.105 - prototipo de helicóptero lixeiro
- A.106 - helicóptero lixeiro de guerra antisubmarina
- A109/AW109 - helicóptero multipropósito
- A.115 - prototipo de helicóptero lixeiro
- AW119 Koala - helicóptero utilitario
- A129 Mangusta - helicóptero de ataque
- AZ8-L - prototipo de avión de pasaxeiros
- EMA 124 - prototipo de helicóptero utilitario lixeiro
- CP-110 - prototipo de avión lixeiro
- Empresas conxuntas
- AgustaBell AB139
- Bell/Agusta BA609 (50% de participación)
- EHI Industries EH101
- NH90 (32% de participación)
- Fabricados baixo licenza
Motores
Notas
- ↑ "Philly factory to begin producing new chopper". Philadelphia Business Journal. Consultado o 2020-12-06.