Curso de lingua galega/O alfabeto
Aparencia
Gramática |
Ir a: Curso de lingua galega ····· Hª do galego ····· Exercicios de morfosintaxe ····· Exercicios de ortografía ····· Exercicios de léxico
A Normativa oficial do galego (na wikipedia galega)
O alfabeto galego componse de 23 letras (As ligazóns levan á Wikipedia):
(Véxase tamén: Pronuncia do alfabeto galego no wiktionary)
O alfabeto galego
Grafía | Nome | Pronuncia |
---|---|---|
a | a | /a/ |
b | be | /b/ |
c | ce | /θ/, /k/ |
d | de | /d/ |
e | e | /e/, /ɛ/ |
f | efe | /f/ |
g | gue | /g/ |
h | hache | muda |
i | i | /i/, /j/ |
l | ele | /l/ |
m | eme | /m/ |
n | ene | /n/ |
ñ | eñe | /ɲ/ |
o | o | /o/, /ɔ/ |
p | pe | /p/ |
q | que | /k/ |
r | erre | /ɾ/, /r/ |
s | ese | /s/ |
t | te | /t/ |
u | u | /u/, /w/ |
v | uve | /b/ |
x | xe | /ʃ/, /ks/ |
z | zeta | /θ/ |
Ademais, na ortografía galega utilízanse tamén os seguintes dígrafos que representan un único son:
Dígrafos usados no galego
Grafía | Nome | Pronuncia |
---|---|---|
ch | ce hache | /ʧ/ |
nh | ene hache | /ŋ/ |
gh | gue hache | /h/ |
gu | gue u | /g/ |
qu | que u | /k/ |
ll | ele dobre | /ʎ/ |
rr | erre dobre | /r/ |
Cómpre ter en conta que ...
[editar]- Ademais destas letras úsanse tamén outros signos como j /x/ (iota),k /k/ (ka), ç /z/ (cedilla), w /w/ (uve dobre), ou y /j/ (i grego), que aparecen en palabras tomadas doutros idiomas. Algúns exemplos son: jazz, Valença do Minho, Kafka, wáter-polo e whisky.
- A letra x (xe) representa no galego normalmente un son palatal semellante ao francés cochon coma en xamón, xouba, coxo e paxaro. Este son aparece con moita frecuencia nas voces patrimoniais ou nos préstamos adaptados ao galego, por exemplo xersei.
- Pero co x representamos tamén outro son, o que se pronuncia [s], [gs] ou [ks], que aparece en palabras de procedencia culta tales como texto, extensión, exame, existir, léxico, boxeo.
- O son representado pola grafía nh das palabras unha, algunha e ningunha, constitúe xunto co x e os fonemas vocálicos un dos sons máis característicos do galego, co que as persoas que comezan a falar a lingua atopan máis problemas.
Ir a:
Curso de lingua galega ····· Hª do galego ····· Exercicios de morfosintaxe ····· Exercicios de ortografía ····· Exercicios de léxico
A Normativa oficial do galego (na wikipedia galega)