Karbon é unha aplicación de debuxo vectorial cunha interface de usuario fácil de usar, personalizar e ampliar. Iso fai de Karbon unha gran aplicación para usuarios que comezan a explorar o mundo das imaxes vectoriais, pero tamén para artistas que queren crear impresionantes obras de arte vectoriais.
Funcionalidades:
- Posibilidade de cargar ODG, SVG, WPG, WMF e EPS/PS.
- Posibilidade de xerar ODG, SVG, PNG, PDF e WMF.
- Interface de usuario personalizábel con barras de ferramentas e docas que poden recolocarse libremente.
- Doca de capas para xestionar facilmente documentos complexos. Inclúe miniaturas de vista previa, permite agrupar formas arrastrando e soltando, controlar a visibilidade das formas ou bloquealas.
- Ferramenta avanzada de edición de rutas cunha gran funcionalidade de edición sobre o lenzo.
- Varias ferramentas de debuxo para crear formas de rutas, incluíndo unha ferramenta de debuxo de rutas, unha ferramenta de lapis, e unha ferramenta de debuxo caligráfico.
- Ferramentas de gradacións e padróns para editar degradados e estilos de padróns facilmente sobre o lenzo.
- Funcionalidades de axuste de última xeración para editar e debuxar de maneira guiada (por exemplo, axustar á grade, liñas de guía, nodos de rutas, caixas de límites, posicións ortogonais, cruzamento de formas de rutas ou extensións de liñas e rutas).
- Inclúe moitas formas predefinidas, entre elas formas básicas como estrelas, círculos, elipses, rectángulos e imaxes.
- Forma de texto artístico que permite seguir o contorno de rutas (é dicir, texto sobre rutas).
- Operacións de rutas complexas e efectos como operacións de grupos de valores booleanos; aplanamento, arredondamento e refinamento de rutas; así como efectos de xiro e picada.
- Permite ampliar as súas funcionalidades mediante complementos de ferramentas novas, de formas e de docas.
Install on
Linux
Releases RSS
4.0.1 2024-09-03
This release add flatpak support to the Calligra Office suite.
4.0.0 2024-08-27
The most significant changes are that Calligra has been fully transitioned to Qt6 and KF6, along with a major overhaul of its user interface.
Karbon didn’t received much change outside of the one affecting the whole platform.