Castela e León

Comunidade autónoma española

Castela e León[1] (en castelán: Castilla y León, en leonés: Castiella y Llión) é unha comunidade autónoma constituída en 1983, cuxo territorio se sitúa na parte centro-norte do territorio español. Limita ó oeste con Galicia e Portugal; ó norte con Asturias, Cantabria, País Vasco e A Rioxa; ó leste con Aragón; e ó sur con Estremadura, Comunidade de Madrid e Castela-A Mancha.

Modelo:Xeografía políticaCastela e León
Castilla y León (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°45′16″N 4°46′55″O / 41.7544, -4.7819
EstadoEspaña Editar o valor en Wikidata
Capitalsen valor Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.383.139 (2021) Editar o valor en Wikidata (25,29 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie94.223 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoTorrecerredo (2.648 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1983 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivoXunta de Castela e León Editar o valor en Wikidata
• Presidente da Xunta Editar o valor en WikidataAlfonso Fernando Fernández Mañueco (2019–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoCortes de Castela e León , Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2ES-CL Editar o valor en Wikidata
Código NUTSES41 Editar o valor en Wikidata

Sitio webjcyl.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX450552

Forman esta comunidade nove provincias: Ávila, Burgos, León, Palencia, Salamanca, Segovia, Soria, Valladolid e Zamora; sendo a comunidade autónoma española con máis provincias. É a rexión máis extensa de Europa.[2]

Xeografía

editar
 
O río Tormes en Salamanca.

A comunidade autónoma esténdese basicamente sobre a meseta norte, sendo asucada polo Douro, o cal forma a conca homónima, a maior de España. Polo tanto, os seus límites veñen configurados por cordilleiras ou outros accidentes xeográficos: ó norte coa Cordilleira Cantábrica, os Montes de León ó noroeste, co Sistema Central ó sur e coa Cordilleira Ibérica ó leste.

A superficie existente entre estes accidentes xeográficos é basicamente unha extensa meseta de moi elevada altura (700-900 metros sobre o nivel do mar). Estas altas chairas mostran na súa degradada vexetación a ocupación humana que contribuíu á perda forestal.

Os maiores ríos que asucan esta comunidade autónoma son o Douro e o Ebro. Os demais veñen sendo afluentes destes ou doutros ríos. Polo tanto, o territorio de Castela e León está entre as tres vertentes españolas (cantábrica, mediterránea e atlántica). As maiores concas hidrográficas que hai en Castela e León son:

Castela e León ten un clima mediterráneo continentalizado, con invernos longos e fríos, con temperaturas medias de entre 4 e 7 °C en xaneiro e veráns curtos e calorosos (medias de 19 a 22 °C), pero cos tres ou catro meses de aridez estival característicos do clima mediterráneo. As precipitacións, cunha media de 450–500 mm anuais, son escasas, acentuándose nas terras máis baixas.

Debido á barreira montañosa de Castela e León, os ventos marítimos quedan freados, detendo dese modo as precipitacións. Debido a iso, as choivas caen dun xeito moi desigual no territorio castelán e leonés. Mentres que no centro da conca do Douro rexístrase unha media anual de 450 mm, nas comarcas occidentais dos montes de León e a Cordilleira Cantábrica as precipitacións chegan aos 1.500 mm ao ano.

A elevada altitude da Meseta e as súas montañas acentúa o contraste entre as temperaturas do inverno e o verán, así como as do día e a noite.

Historia

editar
Véxase tamén: Reino de Castela e Reino de León.

Castela e León é teoricamente o resultado da unión do territorio que comprendía os antigos reinos de León e Castela. Porén, as fronteiras non cadran, na súa unión, coas dos ditos reinos. Na práctica, é a unión das antigas rexións de León e de Castela a Vella, sen contar coa Rioxa nin Cantabria.

En 1978, Castela e León obtén un réxime preautonómico, e finalmente, en 1983, obtén a autonomía, por medio do seu Estatuto de autonomía.

Organización territorial

editar
 
Provincias de Castela e León

Consta de nove provincias: Ávila, Burgos, León, Palencia, Salamanca, Segovia, Soria, Valladolid e Zamora. As capitais provinciais recaen nas cidades homónimas ás súas provincias correspondentes.

Recoñécese a concorrencia dunhas características xeográficas, sociais, históricas e económicas do Bierzo, no oeste da provincia de León, creándose a Comarca do Bierzo,[3] administrada polo Consello Comarcal do Bierzo.

Demografía

editar

A poboación de Castela e León é de aproximadamente 2 millóns e medio de habitantes. Tendo en conta a súa extensión (94.224 km²), ten unha moi baixa densidade de poboación (27 habitantes por km²), moi inferior á media nacional (78 hab/km²).

Esta poboación, está, ademais, moi irregularmente distribuída. Existen catro cidades de máis de 100.000 habitantes (Valladolid, Burgos, Salamanca e León, ordenadas segundo a poboación). En 2005, 1 287 607 de persoas vivían en cidades con máis de 20.000 habitantes, nas cidades anteriormente citadas e Palencia, Ponferrada, Zamora, Segovia, Ávila, Miranda de Ebro, Soria, Aranda de Duero, San Andrés del Rabanedo, Laguna de Duero e Medina del Campo. Polo tanto, aproximadamente a metade da poboación vive en cidades maiores a 20.000 habitantes e a outra metade en menores a 20.000 habitantes. Isto dá lugar a un inxente número de vilas pequenas.

A sangría demográfica é moi grande: entre 1950 e 1981 baixou nun 10 %. A esta perda de poboación contribúe o avellentamento xeral da comunidade autónoma, pero especialmente das zonas rurais, enormemente elevado. Tamén baixou a súa poboación se a comparamos con España: mentres que en 1960 o 9,3 % dos españois vivía nas provincias que actualmente forman esta comunidade, en 1981 só era o 7 %, e esta cifra segue baixando.

Cidades máis poboadas

editar
Listaxe Cidade Provincia Pob. Listaxe Cidade Provincia Pob.
 
Valladolid
 
Burgos
 
Salamanca
1 Valladolid Valladolid 298.412 11 Miranda de Ebro Burgos 35.522
2 Burgos Burgos 175.821 12 Aranda de Duero Burgos 32.856
3 Salamanca Salamanca 144.228 13 San Andrés del Rabanedo León 30.615
4 León León 124.303 14 Laguna de Duero Valladolid 22.725
5 Palencia Palencia 78.412 15 Medina del Campo Valladolid 20.510
6 Ponferrada León 64.674 16 Arroyo de la Encomienda Valladolid 18.638
7 Zamora Zamora 61.406 17 Villaquilambre León 18.638
8 Ávila Ávila 57.744 18 Benavente Zamora 17.935
9 Segovia Segovia 51.674 19 Santa Marta de Tormes Salamanca 14.805
10 Soria Soria 39.398 20 Béjar Salamanca 12.739
Censo 2019[4]

Economía

editar
 
Nuevo Riaño, área turística
 
Muralla de Ávila

Os campos de Castela e León son extremadamente áridos e secos, e polo tanto predomina o cultivo de secaño. Con todo, o regadío foi gañando importancia nas zonas dos vales do Douro, o Pisuerga e o Tormes. Destacan as novas tecnoloxías sobre todo en áreas como a Provincia de Valladolid ou a Provincia de Burgos onde a produción por hectárea é das máis elevadas de España. A área máis fértil castelán-leonesa coincide co val do Esla, en León, nos campos de Valladolid, xa Tierra de Campos, unha comarca que se estende entre Zamora, Valladolid, Palencia e León.

A industria de Castela e León ocupaba o 18% da poboación activa e achegaba o 25% do PIB en 2000. Tanto en Burgos como en Valladolid, onde hai unha importante industria do automóbil, papeleira e química, concéntrase a maioría da actividade industrial do territorio castelán-leonés. Outras industrias son a industria téxtil en Béjar, as industrias de tellas e os ladrillos en Palencia, a industria azucreira en León, Toro e Benavente, a industria farmacéutica en León e a metalúrxica e siderúrxica en Ponferrada.

Ao longo da década de 1990 creceu a afluencia turística en Castela e León, propiciada sobre todo polo valor histórico e cultural das súas cidades, e tamén polo atractivo natural e paisaxístico das súas diferentes comarcas. En 2001, Castela e León recibiu uns 315.000 visitantes, 42.000 dos cales eran estranxeiros.

O comercio interior de Castela e León concéntrase no sector da alimentación, a automoción, o tecido e o calzado. Para o comercio exterior, segundo a rexión, expórtanse principalmente vehículos e chasis de automóbiles en Ávila, Palencia e Valladolid, pneumáticos en Burgos e Valladolid, barras de aceiro e manufacturas de lousa en León, carne de vacún en Salamanca, porcos en Segovia, manufacturas de caucho en Soria e carne de cabra e ovella, xunto con viño, en Zamora. Castela e León tamén exporta moito veu sendo a provincia de Valladolid a que máis botellas vende no estranxeiro. En canto á importación, van á cabeza os vehículos e os seus accesorios, como os motores ou os pneumáticos.

Política

editar
 
Sede das Cortes, na Avenida de Salamanca de Valladolid.

Agás na primeira lexistatura na que houbo presidentes socialistas, a presidencia da Xunta de Castela e León, sempre estivo ocupada por preseidentes do Partido Popular ou da súa forza antecesora, Alianza Popular:

Presidente Partido Inicio Remate
1 Demetrio Madrid López PSOE 1983 1986
3 José Constantino Nalda García PSOE 1986 1987
3 José María Aznar López AP-PP 1987 1989
4 Jesús Posada Moreno PP 1989 1991
6 Juan José Lucas Jiménez PP 1991 2001
6 Juan Vicente Herrera Campo PP 2001 2019
7 Alfonso Fernández Mañueco PP 2019 2021
8 Alfonso Fernández Mañueco PP 2022 Actual

    Progresión de deputados ás Cortes de Castela e León

Partido 1983 1987 1991 1995 1999 2003 2007 2011 2015 2019[5] 2023
Partido Popular (PP) 39a 32b 43 50 48 48 48 53 42 29 31
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) 42 32 35 27 30 32 33 29 25 35 28
Podemos 10 2d 1
Ciudadanos - Partido de la Ciudadanía (C's) 5 12 1
Unión del Pueblo Leonés (UPL) 2 3 2 2c 1 1 1
Izquierda Unida (IU) 1 5 1 1 1
Partido Castellano-Tierra Comunera (PCAS-TC) 1
Centro Democrático e Social (CDS) 2 18 5
Partido Demócrata Liberal (PDL) 1
Partido Demócrata Popular (PDP) a 1
Solución Independente (SI) 1
VOX 1 13
XAV 1
UPL-SORIA ¡YA! 6
Por Ávila 1

Notas

  • aAP-PDP-PL;
  • bFederación de Partidos de Alianza Popular (AP);
  • cA mediados de 2008, UPL suspendeu aos seus dous diputados, aínda que non abandonaron o seu escano.
  • dd En coalición con Equo.

Medios de comunicación

editar

Castela e León posúe unha cadea de televisión propia, Castilla y León Televisión, así como unha emisora de radio. En prensa escrita ademais de diarios locais e provinciais destaca o El Norte de Castilla, primeiro xornal de Castela e León.

Transporte

editar

Por esta rexión pasan as principais vías de comunicación que unen as rexións do norte de España coa capital, Madrid e o sur peninsular, así como as redes que aseguran unha rápida circulación entre a Europa continental e o continente africano. Doutra banda, a vía de transporte máis curta, rápida e cómoda que enlaza Portugal con Europa é a que atravesa esta rexión. En consecuencia, Castela e León atópase no centro no que se conectan os fluxos comerciais entre o norte e o sur da Península e entre Portugal e o resto de Europa. Ademais, a súa proximidade a Madrid é outro factor adicional que impulsa o tráfico que transcorre polas terras castelás e leonesas.

 
Terminal de Burgos-Villafría.

Os principais eixos viarios do tráfico de mercancías e viaxeiros son as estradas radiais A-1, autovía do Norte e A-6, autovía do Noroeste. Tamén ten importancia destacada a A-62, autovía de Castela, que enlaza as cidades de Salamanca, Valladolid, Palencia e Burgos. Nestas tres vías insérense localidades tan importantes como Medina del Campo, Aranda de Duero e Miranda de Ebro.

Castela e León conta con catro aeroportos abertos ao uso civil: o Aeroporto de Valladolid, na localidade de Villanubla, próxima a Valladolid, que rexistra o maior volume de tráfico aéreo da Comunidade e é de uso mixto civil e militar; o Aeroporto de León, na localidade de La Virgen del Camino, no alfoz leonés, tamén de uso mixto civil-militar; o Aeroporto de Salamanca, en Matacán, anteriormente exclusivo para voos chárter e hoxe xa con voos regulares, e o Aeroporto de Burgos, na localidade de Villafría, o de máis recente apertura (2008).

Ademais a rede de ferrocarril é moi ampla e as súas principais liñas van desde Madrid ata a cornixa cantábrica e Galicia, con paradas en Astorga, Burgos, León, Miranda de Ebro, Palencia, Ponferrada e Valladolid todas elas importantes nós ferroviarios. Tamén está a liña entre Irún e a fronteira portuguesa (Fuentes de Oñoro, en Salamanca) que é parte da liña París-Lisboa.

Gastronomía

editar
 
Un prato de lechazo asado de Castela e León

A Gastronomía de Castela e León é amplamente coñecida pola calidade dos seus viños e carnes. Algunhas das súas marcas de calidade son mundialmente coñecidas: os seus viños, con 9 denominacións, entre as que destacan D.O. Ribera del Duero, D.O. Toro ou D.O. Rueda. Embutidos e carnes curadas ou frescas, con 16 Indicacións Xeográficas Protexidas e marcas de calidade, entre as que destacan Xamón de Guijuelo, Lechazo de Castela e León, Cochinillo de Segovia, Chacina de León ou Chourizo de Cantimpalos.

Algúns dos seus pratos típicos son: o lechazo asado, o cochinillo asado, a sopa de allo, os judeones de segovia, a galiña en pepitoria, ou as variedades da morcilla de Burgos, como a morcilla de Aranda. Tamén son típicos varios doces e sobremesas de repostería, como as Xemas de Santa Teresa.

Galería de imaxes

editar
  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 101. ISBN 84-8158-266-2. 
  2. Susana Gutiérrez (21-7-2017). "Herrera reivindica a Castilla y León, una región «europea grande de verdad»". El Norte de Castilla (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25-03-2018. Consultado o 24-3-2018. 
  3. Lei 1/1991 de 14 de marzo, pola que se crea e regula a comarca do Bierzo. Data do B.O.C.Y.L.: 20-03-1991 Nº Boletín: 55 / 1991
  4. INE 2019.
  5. "RESOLUCIÓN de 18 de junio de 2019, de la Junta Electoral de Castilla y León, por la que se hacen públicos los resultados generales y por circunscripciones, así como la relación de Procuradores proclamados electos en las elecciones a las Cortes de Castilla y León, celebradas el 26 de mayo de 2019.". bocyl.jcyl.es (en castelán). 20 de xuño de 2019. Consultado o 21 de novembro de 2023. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar