Saltar ao contido

Carantania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Carantania (en esloveno: Karantanija) foi un antigo ducado esloveno na Europa central. Os carantanios son os devanceiros dos actuais eslovenos. A capital de Carantania era a cidade de Karnburg (Krnski grad), situada no val do Zollfeld (Gosposvetsko polje), ao norte de Klagenfurt (Celovec). Carantania abarcaba os territorios dos actuais estados de Austria e Eslovenia.

Fronteiras de Carantania (800)

En 595 rexístrase a cita, por parte do historiador longobardo Paulo Diácono, do primeiro estado estable eslavo e esloveno como "Provincia Sclaborum", que logo se coñecería como Carantania. En 623, os eslavos foron unidos nunha alianza baixo o rei Samo, coñecida nas fontes históricas como Marca Vinedorum, a cal incluía os territorios de Carantania. En 658, despois da morte de Samo, a Alianza Eslava desintegrouse, mais Carantania sobreviviu e mantivo a súa independencia.

Carantania, que era unha nación pagá, en 745 foi seriamente ameazada militarmente polos ávaros da veciña Panonia, razón pola cal o duque Borut solicitou axuda militar aos bávaros, xa cristianizados e vasalos do rei dos francos, quen era considerado o protector do Cristianismo de Europa. O rei dos francos autorizou a Baviera a que axudase á pagá Carantania, pero a condición de que esta última aceptase o cristianismo. O duque Borut aceptou a condición e coa axuda dos Bávaros Carantania derrotou definitivamente aos ávaros. Así foi que o duque Borut enviou ao seu fillo Gorazd e ao seu sobriño Hotimir para que se educasen na fe cristiá en Baviera.

Nas décadas seguintes á derrota dos ávaros o bispo de Salzburgo, San Virxilio, enviou a Carantania unha serie de monxes irlandeses destacándose San Modesto como apóstolo dos carantanios. Tras a morte do santo houbo unha breve restauración pagá debido a que o Tratado polo cal Carantania aceptara asumir o cristianismo foi violado. Así foi que o exército bávaro se introduciu no país e suprimiu o goberno pagán.

A irrupción dos bávaros, con todo, provocou unha imaxe negativa ao Cristianismo xa que obviamente o exército estranxeiro non respectou disciplina algunha, como en xeral non facía exército ningún nesas circunstancias. Debido a isto entre a xente creceu a desconfianza cara ao Cristianismo. Foi grazas por obra do duque Domiciano que a conversión ao Cristianismo foi total. En épocas de Carlomagno, en 802, o duque faleceu, logo sería recoñecido santo. Cara a 828 o Ducado de Carantania ocupaba o actual territorio de Austria e Eslovenia.

A instalación dos Duques de Carantania

[editar | editar a fonte]
Instalación na Pedra do Príncipe

O Principado de Carantania é coñecido principalmente polo seu antigo rito de instalación do seu duque ou príncipe (knez), unha práctica que continuou no posterior Ducado de Carintia. O rito era realizado en lingua eslovena e o candidato proposto polo rei ou emperador debía sentar sobre a Pedra do Príncipe (Knežji kamen). Alí era interrogado acerca das súas calidades por un campesiño libre electo polos seus pares, é dicir un representante do pobo. Este ritual é descrito no libro de Jean Bodin Les six livres de la République (O seis libros da República) como un antecedente único en Europa de democracia durante a Idade Media. Este rito levouse a cabo até 1414.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]