Redeseño HA! (Parte 1 â O reto)
Primeiro post, dunha serie escrita en tempo real, sobre o redeseño da web historia-arte.com
Ver versión traducida a español
Historia/Arte (ou HA!) é un proxecto persoal iniciado por Miguel Calvo, ao que me incorporei o ano pasado. A nosa misión é a de achegar a arte a unha maior audiencia, facéndoa entendible e disfrutable por todos e baixándoa do seu pedestal snob.
Hai 3 motivos polos que decidÃn unirme a este proxecto. O primeiro é que me apetecÃa volver facer algo con Miguel, un colega de hai mooooitos anos co que fixera moitas cousas interesantes no pasado, pero facÃa tempo que non nos xuntabamos nun proxecto. O segundo motivo foi que o tema me interesaba, xa que sempre fun aficionado á arte (de feito, compartÃn materia de historia da arte con Miguel na nosa época de instituto). E por último, buscaba unha escusa para poñer en práctica determinadas ideas, teorÃas e experimentos. No dÃa a dÃa, traballando para outros clientes, hai que adaptarse aos seus requirimentos e estándares, polo que ter un (ou varios) proxectos persoais paralelos, a min persoalmente sÃrveme como válvula de escape.
Inicialmente, o proxecto consistiu nun blog aloxado en wordpress.com, coas vantaxes e inconvenientes que ten iso. Por un lado a facilidade de poñer algo en marcha de xeito rápido e sen practicamente coñecementos tecnolóxicos (Miguel é un gran experto de arte, non tanto da web), pero por outro lado ten as limitacións dunha plataforma cun xeito de funcionar moi caracterÃstico que deixa pouca marxe para facer algo realmente innovador.
Por iso, nada máis unirme ao proxecto, o primeiro que fixen foi sacar o proxecto de wordpress. Non é que teña nada en contra desa plataforma (aÃnda que recoñezo que non é a miña favorita), pero existen centos (ou miles) de blogs sobre arte, e Historia/Arte non podÃa ser un máis.
Tamén tiñamos o problema do nome âHistoria/Arteâ: demasiado xenérico, sen personalidade. No seu momento, Miguel decidira coller o dominio historia-arte.com contando que serÃa máis doado de atopar e lembrar polos visitantes. PodÃamos aproveitar a mudanza para cambiar tamén o nome, pero tampouco nos interesaba perder o posicionamento que tiñamos con ese dominio asà que, como bos galegos indecisos, tiramos por unha solución intermedia, mantendo o mesmo dominio pero dándolle algo máis de personalidade ao nome. Foi asà como chegamos a âHA!â, collendo simplemente as iniciais e engadÃndolle unha exclamación ao final, o que lle dá un enfoque máis âpunkâ e reivindicativo, en consonancia con moitos dos contidos da web e incluso coa nosa propia actitude coa arte. Esta onomatopea deixa entrever que a arte non é algo que se poida tomar demasiado en serio, de feito é un bo exercicio rirse dela de vez en cando.
O seguinte paso foi unha reestruturación de contidos. Wordpress é unha plataforma que naceu para crear blogs e, aÃnda que a súa evolución foi notable, o seu funcionamento sigue influenciado polo concepto de posts, páxinas, etiquetas, categorÃas, etc. HA! pasou de ser un blog a converterse case nunha enciclopedia. Polo tanto necesitabamos dunha estrutura moito máis profunda de contidos, cun sistema de navegación complexo onde poder buscar por etiquetas, paÃses, pintores, técnicas, correntes artÃsticas, museos, autores, etc. Asà que pasamos bastante tempo mudando, limpando e reordenando os contidos que viñan dunha base de datos de wordpress, para pasalos a outra moito máis granular e estruturada.
Por suposto, tamén cambiamos a interface, creando algo minimalista, en branco e negro e que non se vise demasiado. Realmente, a nivel de deseño foi onde quizais menos esforzos fixen, a grande cantidade de traballo técnico que habÃa que facer (programar a web de cero, crear a nova base de datos, mudar contidos, configurar un novo servidor, etc) fixo que non quedase moito tempo (e forzas) para centrarme no deseño. Ademais coincidiume cun cambio na miña vida laboral e de rutinas diarias co que a cousa aÃnda se complicaba máis. De todos os xeitos, penso que quedou algo bastante digno, dado o tempo empregado. Sendo unha web chea de obras de arte, non se necesitaba moito para ter unha web atractiva, simplemente habÃa que respectar o contido, dándolle todo o protagonismo, e que a interface non competise con el.
E asà levamos un ano dende entón. Un ano no que practicamente multiplicamos por 5 as visitas ao sitio (das 7.000 visitas que habÃa en xaneiro ata as 35.000 de novembro), e ampliouse significativamente o número de colaboradores que se decidiron sumar de xeito desinteresado, escribindo recensións de obras regularmente. Hai que recordar que este é un proxecto levado a cabo no tempo libre e que actualmente non está xerando ningún tipo de ingreso, polo que non podemos pagar as colaboracións, algo que agardamos que se poida solucionar nun futuro. O feito de que aÃnda asà haxa xente que estea disposta a escribir, indica a boa imaxe e simpatÃa que proxecta e deixa entrever algo que para moitas marcas é crucial: a existencia dunha tribo.
Asà que, despois deste ano que podemos considerar exitoso para HA!, creo que é o momento de darlle unha volta. Como deseñador web, teño unha débeda con este proxecto que teño a intención de pagar. E gustarÃame documentar todo o proceso de redeseño e implantación cunha serie de posts, explicando as decisións que vaia tomando e valorando o resultado. à unha tarefa arriscada porque non sei que resultado pode dar, nunca fixen nada asÃ. Quizais acabe ben, quizais non, pero creo que é un exercicio interesante, que servirá para evitar relaxarme, cousa bastante probable cando falamos de proxectos persoais onde non hai un cliente no medio esixindo (e pagando).
Veremos a onde nos leva todo isto. De momento, o primeiro paso xa está dado.