benigno
Aparencia
Grafías semellantes: Benigno |
Galego
- Pronuncia: /beˈniɡno̝/ (AFI)
benigno (ms: benigno; mpl: benignos; fs: benigna; fpl: benignas)
- Que é bo, con boas intencións, bondadoso.
- Sinónimos: benevolente, benévolo, indulxente.
- Antónimos: rigoroso.
- Cousa propicia e favorable.
- (Medicina) Dito dun tumor ou outra enfermidade, que progresa sen graves consecuencias para a saúde.
- Antónimos: maligno.
- (Meteoroloxía) Dito dun clima, que é soportábel, suave.