Saltar ao contido

porto

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Grafías semellantes:     Porto

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «porto».

porto1

  • Pronuncia: [ˈpoɾ.t̪ʊ] (AFI)

Substantivo masculino

porto (sg: porto; pl: portos)

  1. Espazo natural ou artificial usado para amarrar barcos, así como para a a carga e descarga de mercancías ou pasaxeiros destes.
  2. Poboación que conta co anterior espazo.
  3. Lugar natural por onde cruzar unha corrente de auga ou un anaco de mar.
    • Sinónimos: vao.
  4. Alto situado entre montañas a través do cal é doado atravesalas.

Traducións

porto2

  • Pronuncia: [ˈpoɾ.t̪ʊ] (AFI)

Substantivo masculino

porto (sg: porto; pl: portos)

  1. (Informática) Conexión a través da que se envían ou reciben datos.

porto3

  • Pronuncia: [ˈpoɾ.t̪ʊ] (AFI)

Substantivo masculino

porto (sg: porto; pl: portos)

  1. Viño natural e fortificado elaborado no Porto.

Italiano

Substantivo masculino

porto (sg: porto; pl: porti)

  1. Porto.
  2. Porto (Viño do Porto).