Yuncler
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela-A Mancha | ||||
Provincia | provincia de Toledo | ||||
Capital | Yuncler | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.842 (2023) (269 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 18 km² | ||||
Altitude | 534 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Virxe do Carme | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Luis Miguel Martin Ruiz (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 45529 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 45203 | ||||
Sitio web | aytoyuncler.com | ||||
Yuncler é un concello da provincia de Toledo na comunidade autónoma de Castela-A Mancha. Atópase no quilómetro 46,6 da A-42 (Autovía Madrid-Toledo), en plena comarca da Sagra, a uns 534 msnm, ten unha extensión de 18 km², e áchase a 42 km de Madrid e a 25 km de Toledo. Limita polo sur con Villaluenga de la Sagra; polo norte, con Yuncos e Cedillo; polo nordeste, con Numancia de la Sagra; polo leste, con Pantoja e polo oeste, con Cedillo novamente.
A súa economía é fundamentalmente agrícola, aínda que no pasado houbo participación en empresas cerámicas.
Toponimia
[editar | editar a fonte]"Yuncler" é un topónimo mozárabe, derivado de "junko", que significa en mozárabe "xunco". En documentos dos séculos XII e XIII aparece cos nomes "Ocner", "Yunquer" e "Yuncler".
Historia
[editar | editar a fonte]Os primeiros poboadores coñecidos son de orixe mozárabe, cando Yuncler se coñecía como Ocner, e aparece mencionado en documentos mozárabes de 1179, 1197 e 1212. Logo aparecerá mencionado nos documentos dos séculos XII e XIII, como Yunquer ou Yuncler.
Demografía
[editar | editar a fonte]Evolución da poboación de Yuncler desde 1900.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Antiga casa de labor de finais do século XIX, consagrada patrimonio artístico, e restaurada conservando as súas características e fachada intactas, convertida en hotel e restaurante (Casa Grande).
- Igrexa de Santa María Magdalena, tamén declarada patrimonio artístico. Xunto coa Casa Grande e a Casa do Concello, de construción moderna, configuran a Praza da Igrexa.