Willie Colón
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) William Anthony Colón Román 28 de abril de 1950 (74 anos) Bronx, Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | cantante, produtor musical, músico de jazz, artista discográfico |
Período de actividade | 1967 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Salsa e Boogaloo |
Tesitura | Barítono |
Instrumento | Trombón e voz |
Selo discográfico | Fania Records |
Compañeiro profesional | Héctor Lavoe: Willie Colón & Héctor Lavoe Rubén Blades: Willie Colón & Rubén Blades |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Sitio web | williecolon.com |
William Anthony Colón Román, coñecido artisticamente coma Willie Colón ou polo alcume El Malo del Bronx, nado na parte sur do Bronx, Nova York, o 28 de abril de 1950, é un cantante, compositor e trombonista estadounidense de orixe portorriqueña. Está casado e ten catro fillos. Está recoñecido coma un dos pioneiros da salsa, movemento musical aparecido na década dos 70.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros pasos musicais
[editar | editar a fonte]Tivo os seus primeiros contactos co mundo da música á idade de 11 anos, primeiro coa frauta, máis tarde co clarín, a trompeta e, ao cabo, co trombón, instrumento que o habería afianzar como un referente da Salsa. Con soamente 16 anos, en 1966, gravou o seu primeiro disco para Fania All Stars, na compaña de Héctor Lavoe, titulado El malo. Sería a primeira colaboración dunha longa restra entre os dous artistas, profundos coñecedores ambos do ambiente cultural latino de xacando.
Binomio con Héctor Lavoe e faceta de Produtor
[editar | editar a fonte]A sociedade Colón-Lavoe prolongouse durante seis anos, nos que amais de "El Malo", gravaron The Hustler (1968), Guisando (1969), Cosa nuestra (1970), Asalto navideño (1971), La gran fuga (1971), Crime Pays (1972), El juicio (1972), Lo mato (1973), e The Good - The Bad - The Ugly (1975) e así até 14 discos. Estas producións fixeron fincapé nas liortas dos barrios baixos de Nova York, poñendo especial énfase nas cuestións da integración, a marxinalidade, as pandillas, o perigo, as armas brancas, é dicir, o estilo de vida do Guetto. Temas como Lo mato, Calle Luna, calle Sol, El día de mi suerte, Te Conozco, Bacalao, Barrunto, Piraña ou Todo tiene su final dan boa proba disto. Similares inquietudes, anos máis tarde, serían asociadas a outros xéneros como o rap ou o punk.
En 1973 Willie Colón muda as tarefas de trombonista e cantante polas de produtor. Porén, volvería traballar con Lavoe, desta vez encargándose da produción, para sacar ao mercado Vigilante en 1983, onde dous dos temas acadaron un éxito sen precedentes no xénero. Estamos a falar de Triste y Vacía e Juanito Alimaña.
Sen saírmonos da súa faceta de produtor, Colón, que produciu máis de 40 proxectos, traballou con moitos outros persoeiros da Salsa. Con Rubén Blades, por exemplo, compartiu éxitos como Tiburón, Pedro Navaja, Plástico ou Ligia Elena (Siembra, tamén con Blades, aínda hoxe é o disco de maiores vendas no xénero. Así e todo as relacións entre ambos artistas víronse recentemente truncadas[1] por mor dos cartos[2]). Con Celia Cruz (que foi amais a súa madriña de voda), Usted Abusó, Mi Caso, Apaga la Luz e Dos Jueyes. Con Ismael Miranda, Doble energía.
Derradeira achega musical
[editar | editar a fonte]Con 58 anos de idade, oito despois de ter sacado o seu último álbum Guerrero de corazón, Colón volveu no 2008 cun tributo aos seus comezos, "El Malo 2".
Willie Colón
Outras facetas
[editar | editar a fonte]Despois de incontábeis homenaxes e tributos (ten 11 nomeamentos aos Grammy Latinos, quince discos de ouro e cinco de platino), Willie Colón deixaría a música para participar activamente da vida política estadounidense co partido demócrata. Malia esta retirada de música acaecida a mediados do 2006, no 2008 volveu deixar pegada cun novo álbum titulado El malo 2.
Willie Colón foi ademais presidente da Asociación de Artes Hispanas, presidente da Coalición para unha Nova York mellor, membro da xunta directiva do Instituto Caucus Congresional Hispano, membro da xunta directiva da Comisión Latina Contra a SIDA, membro fundador da xunta de Asuntos Hispanos da cidade de Nova Rochelle, membro fundador do Comité Sistema Xudicial da cidade de Nova Rochelle, membro da Fundación Pro Inmigrantes da ONU, voceiro da Organización de Axuda e Desenvolvemento Internacional CARE.
Aló por 1995 Colón entrou na Historia ao ser o primeiro latino en formar parte da directiva nacional da ASCAP (Sociedade Americana de Compositores, Autores e Editores). Máis tarde, en 1999 foi investido Doutor honoris causa polo Trinity College, no estado de Connecticut, algo que volvería a repetirse en 2004, desta vez a proposta do departamento de Humanidades da Universidade Lehman, en Nova York.
Características, estilo e singularidades
[editar | editar a fonte]Como músico, Willie Colón foi sempre un entusiasta da fusión de ritmos que levaron a algúns a cualificar a súa música como áspera e agresiva[4]; isto é notorio xa desde o primeiro disco e segue tendo absoluta vixencia no último, Demasiado Corazón, da discográfica Azteca Music. Na derradeira etapa, desbota totalmente os convencionalismos salseiros ao presentarse con novos sons tomados de tubas, chelos e frautas. Con todo, non deixa de ser con el con quen nace a salsa, unha música ideal para lle botar o dente aos temas das clases marxinadas, que sofren con Colón dunha asimilación moi persoal dos ritmos caribeños tal que o son, o mambo, a guaracha, o cha-cha-cha, o son montuno, a guajira, a cumbia colombiana, o joropo venezolano e a rumba. Tamén está moi ligada a súa música ao denominado Jazz Latino Moderno. Estas mudanzas estilísticas experimentadas ao longo da súa carreira semellan certamente acaídas se temos en conta que o artista leva vendidos máis de 30 millóns de discos en todo o mundo.
Discografía
[editar | editar a fonte]Ten unha extensa discografía que até o de agora conta con 43 álbums ao longo dos últimos 33 anos. Velaquí unha listaxe cronolóxica:
|
|
Filmografía
[editar | editar a fonte]Colón ten participado en catro filmes e dúas telenovelas.
- Vigilante (1983)
- The Last Fight (1983)
- It Could Happen to You (1994)
- Demasiado Corazón (1998)
- La Intrusa (1986) (telenovela)
- Corazón Partido (2005) (telenovela)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Blades dá a súa versión do acontecido". Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2007. Consultado o 12 de febreiro de 2009.
- ↑ "Demanda xudicial de Colón ao panameño Rubén Blades". Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2007. Consultado o 12 de febreiro de 2009.
- ↑ O novo malo de Willie Colón. Xaneiro de 2009 en Galicia Hoxe
- ↑ Estilo de Willie Colón e colaboracións con Fania All Stars
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina Oficial de Willie Colón (en inglés)
- Biografía de Willie Colón (en castelán)
- Elmalo Inc. Produtora discográfica de Willie Colón (en inglés)
- El Malo del Bronx asaltó España. Artigo de Évelyn Viana (2008) e mais unha Entrevista exclusiva a cargo de Nelson Valdés (en castelán)
- Willie Colón. La leyenda que no duerme. Artigo de Erwin Pérez (en castelán)
- Colaboracións de Willie Colón e Rubén Blades (en castelán)
- Completo resumo de cada un dos discos de Colón e Blades (en castelán)
- Investidura de Willie Colón como Doctor Honoris Causa pola Universidade Lehman (en castelán)
- Portadas dos discos e datos (en castelán)