WYSIWYG
WYSIWYG é o acrónimo de What You See Is What You Get (en inglés, "o que ves é o que obtés"). Aplícase ós procesadores de texto e outros editores de texto con formato (como os editores de HTML) que permiten escribir un documento vendo directamente o resultado final, frecuentemente o resultado impreso.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Dise en contraposición a outros procesadores de texto, hoxe en día pouco frecuentes, nos que se escribía sobre unha vista que non mostraba o formato do texto, até a impresión do documento. No caso de editores de HTML este concepto aplícase ós que permiten escribir a páxina sobre unha vista preliminar similar á dun procesador de textos, ocupándose neste caso o programa de xerar o código fonte en HTML.
Exemplos de editores HTML tipo WYSIWYG son: Dreamweaver, NVU/Kompozer, as versións de Composer de Netscape e Mozilla, Amaya, Writer (de OpenOffice.org), Adobe Golive, Frontpage e Microsoft Word. Tamén existen editores que se poden integrar en formularios de páxinas web como FCKeditor, TinyMCE, FreeRichTextEditor.
Na área de deseño web existen tamén ferramentas WYSIWYG, dentro dos chamados CMS (Content Management System); aínda que un CMS non ten porqué ser WYSIWYG, é dicir, pode ser un xestor de contidos cuxo panel de xestión non se corresponda co deseño final, senón que neste caso utilízase un back-end ou panel de xestión para crear-modificar os contidos, que serán reflectidos no front-end ou parte final que ven os usuarios. No grupo dos CMS WYSIWYG hai varias aplicacións, incluso algunha delas con tecnoloxía flash, por exemplo Easy Site Manager.
Un bo e actual exemplo de editor específico de textos que non é WYSIWYG é aquel que utiliza o formato de documento LaTeX.