Volendam é unha vila en Holanda Setentrional nos Países Baixos, no concello de Edam-Volendam, o cal compón xunto coa vila de Edam. A vila conta con arredor de 22 000 habitantes (en novembro de 2007) e está irmandada con Coventry. Volendam é unha localidade bastante turística, sendo as súas zonas máis visitadas o porto e a zona antiga. Tamén é coñecida polo seu equipo de fútbol, o FC Volendam.