Vigdís Finnbogadóttir
Vigdís Finnbogadóttir (|ˈvɪɣtis ˈfɪn.pɔɣaˌtoʊhtɪr|), nada en Reiquiavik o 15 de abril de 1930 foi a cuarta presidenta de Islandia, entre o 1 de agosto de 1980 e 1996. Foi a primeira muller elixida democraticamente como presidenta na historia.[1] Cunha presidencia de dezaseis anos, é ademais a muller que máis tempo serviu como presidenta en calquera país do mundo. É embaixadora de boa vontade da UNESCO e membro do Club de Madrid.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Vigdís Finnbogadóttir naceu en Reiquiavik en 1930. O seu pai, Finnbogi Rútur Þorvaldsson, foi enxeñeiro civil, ademais de profesor na Universidade de Islandia. A súa nai, Sigríður Eiríksdóttir, foi enfermeira e voceira da Asociación de Enfermeiras Islandesas. Tiveron dous fillos, Vigdís e un fillo,[3] Þorvaldur, nado un ano despois. Tras superar o seu exame de matriculación en 1949, estudou francés e literatura francesa na Universidade de Grenoble e na Sorbona en París entre 1949 e 1953; a continuación estudou historia do teatro na Universidade de Copenhague. Logrou un BA en francés e inglés, ademais dun certificado de graduada profesional en educaión na Universidade de Islandia. Casou cun médico en 1954, pero divorciouse en 1963, e aos 41 anos adoptou unha filla, sendo a primeira muller solteira á que se lle permitiu adoptar un fillo.[4]
Vigdís participatou nas décadas de 1960 e 1970e numerosos mitins para ptrotestar contra a presenza militar estadounidense en Islandia, e particularmente en Keflavík. Cada ano, centos de persoas, ás veces miles, percorrían a estrada de 50 km a Keflavík e cantaban "Ísland úr NATO, herinn burt" (literalmente: "Iceland fóra da OTAN, militares fóra").
Carreira académica e artística
[editar | editar a fonte]Tras graduarse, Vigdís deu clases de francé e de teatro francés na universidade e traballou no teatro experimental. Traballou coa Compañía de Teatro de Reiquiavik entre 1954 e 1957 e de novo entre 1961 e 1964. Durante os veráns tamén traballaba de guía turística. Ensinou francés en Menntaskólinn í Reykjavík (1962–67) e en Menntaskólinn við Hamrahlíð (1967-1972). Deu clases tamén durante un tempo na Universidade de Islandia, ademais de impartir cursos de francés na RÚV, a televisión estatal islandesa.[4]
Foi directora artística da Compañía de Teatro de Reiquiavik (Leikfélag Reykjavíkur), e despois do Teatro da Cidade entre 1972 e 1980. De 1976 a 1980, foi membro do comité consultivo sobre asuntos culturais nos países nórdicos.
En 1996, foi unha das fundadoras do Council of Women World Leaders no John F. Kennedy School of Government na Universidade Harvard. Dous anos despois, foi nomeada presidenta da Comisión Mundial da UNESCO sobre a ética da tecnoloxía e o coñecemento científico.
Presidencia de Islandia
[editar | editar a fonte]O movemento das mulleres islandesas ten unha longa historia. Durante o Ano Internacional das Mulleres de 1975, as islandesas atraeron grande atención cando organizaron unha folga xeral para demostrar a importancia do infravalorado traballo das mulleres. O noventa por cento das islandeses foron á folga. Na elección presidencial de 1980, o movemento feminino centrouse en que fose elixida unha muller. Tras moita persuasión, Vidgís aceptou presentarse contra tres candidatos masculinos. Foi a primeira muller no mundo elixida xefa de estado nunha elección democrática, a pesar de ser unha nai solteira divorciada. Foi elixida por unha marxe pequena, cun 33,6 % do voto nacional, mentres que o seguinte candidato recibiu o 32,1 %. Conseguiu unha gran popularidade e foi reelixida tres veces, sen oposición en 1984, co 94,6 % dos votos contra outra muller en 1988 e novamente sen oposición en 1992. Na elección de 1996 decidiu non concorrer á reelección.
A pesar de que a presidencia de Islandia e un cargo principalmente cerimonial,[4] Vigdís tivo un papel activo como activista ambiental e loitou a favor da lingua e a cultura islandesa, actuando como embaixadora cultural e promocionando o país. Puxo énfase no papel dos estados máis pequenos e presidiu un cumio crucial entre o presidente dos Estados Unidos Ronald Reagan e o líder soviético Mikhail Gorbachev en 1986. Tivo como lema: "Nunca deixes caer as mulleres" e traballou especificamente para promover a educación das nenas. Era consciente do seu papel como modelo para as mulleres novas.[5]
En 1993, a obra Mitt Folk, encargada polo goberno británico, do compositor Oliver Kentish foi dedicada a ela como regalo do Reino Unido a Islandia na celebración do 50.º aniversario da república.[6]
Retiro
[editar | editar a fonte]Dende 1998, Vigdís Finnbogadóttir e embaixadora de boa vontade da UNESCO para as linguas.
É tamén membro do comité de honra da Fundación Chirac,[7] dende que foi creada en 2008 polo expresidente francés Jacques Chirac para promocionar a paz mundial.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Club of Madrid: Vigdís Finnbogadóttir". Club of Madrid. 2003. Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2017. Consultado o 19 de xullo de 2010.
- ↑ "Club of Madrid: Full Members". Club of Madrid. 2003. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2007. Consultado o 30 de marzo de 2008.
- ↑ "Finnbogi Rútur Þorvaldsson". geni_family_tree (en inglés). Consultado o 9 de maio de 2018.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "First female head of state, Vigdís Finnbogadóttir, elected 35 years ago today". Iceland Magazine. 29 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2017. Consultado o 26 de xuño de 2016.
- ↑ Torild Skard (2014) 'Vigdís Finnbogadóttir' 'Women of power - half a century of female presidents and prime ministers worldwide. Bristol: Policy Press ISBN 978-1-44731-578-0
- ↑ "Cadenza Musicians Directory". Consultado o 2 de decembro de 2008.
- ↑ "Honor Committee". Consultado o 22 de maio de 2018.
Predecesor: Kristján Eldjárn |
Presidenta de Islandia 1980–1996 |
Sucesor: Ólafur Ragnar Grímsson |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vigdís Finnbogadóttir |