Universidade do Novo México
Universidade do Novo México | |
---|---|
Datos xerais | |
Localización | Albuquerque, Gallup, Los Alamos, Rio Rancho, Taos e Los Lunas |
Fundación | 1889 |
Fundador | Bernard Shandon Rodey, entre outros |
Datos actuais | |
Alumnos | 25.441 (2021) |
Datos de contacto | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade de Novo México (UNM) (en castelán: Universidad de Nuevo México , en inglés: University of New Mexico) é unha universidade pública de Albuquerque, Novo México, EUA. Foi fundada en 1889 e ofrece servizos a nivel de grao, postgrao e técnico en diversos campos. O seu campus de Albuquerque ten aproximadamente 2,4 km², con campus adicionais en Gallup, Los Alamos, Rio Rancho, Taos e Los Lunas.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]A universidade foi fundada o 28 de febreiro de 1889, coa aprobación da lei número 186 na Asemblea Lexislativa de Novo México, que estipulaba a creación dunha institución nas aforas de Albuquerque, no condado de Bernalillo, a só 3 quilómetros ao norte da estrada. Bernard Shandon Rodey, un xuíz do Territorio de Novo México, meteu presión para que a localización do campus fose en Albuquerque e foi un dos autores do estatuto que creou a universidade.
O galego Ramón Martínez López foi profesor visitante nesta universidade.[2]
Jack Dongarra, matemático premio Turing, formouse na Universidade do Novo México.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Campuses & Special Programs | The University of New Mexico". Consultado o 31 de agosto de 2018.
- ↑ Diario, Nós (2023-03-30). "Ramón Martínez López, un boirense no Seminario de Estudos Galegos". Nós Diario. Consultado o 2023-03-30.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Universidade do Novo México |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|